Saltar al contenido

¡Síguenos!

O PSOE urxe ao Goberno Local a modificación dun Peprica obsoleto a fin de favorecer a actividade da hostalería no centro histórico

  • Os socialistas de Pontevedra levan o asunto a Comisión de Urbanismo «ante a crecente preocupación existente polo incesante goteo de peche de locais hostaleiros na nosa cidade»: «Preguntámoslle ao BNG se xa está a estudar posibles modificacións do Plan, xa que a situación resulta insostible. Para o noso absoluto abraio, non só non parecen estar polo labor de estudar modificación algunha, senón que, tras admitir cando menos que o Peprica está obsoleto, o propio concelleiro César Mosquera asegurou que, máis aló do lecer nocturno, non existe ningún tipo de problema na hostalería de Pontevedra», explica a viceportavoz do PSOE, Yoya Blanco

Pontevedra, 9 de abril de 2024.- Pontevedra está a vivir nos últimos anos unha progresiva e incesante destrución de establecementos hostaleiros, en particular daqueles que se dedican ao lecer nocturno. Ante esta afogante situación, transmitida nas diversas reunións mantidas cos colectivos hostaleiros, o Grupo Municipal do PSOE considera que o Goberno Local debe adoptar con urxencia solucións que paren este «incesante goteo de peche de locais na nosa cidade», entre elas unha modificación dun Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística (Peprica) que foi aprobado hai dúas décadas e que se atopa obsoleto.

Por este motivo, os socialistas, a través dos seus concelleiros Yoya Blanco e Manuel Fariña, preguntaron hoxe na Comisión de Urbanismo, presidida polo nacionalista Alberto Oubiña, se o Concello capitalino ten previsto estudar posibles modificacións do Peprica a fin de favorecer a actividade da hostalería no centro histórico. Tal e como explicou Blanco, viceportavoz do PSOE, «compartimos a preocupación dos responsables dos negocios que sobreviven, algúns dos cales están coa auga ao pescozo ou directamente preto de pechar a persiana e quixemos preguntarlle ao BNG se tamén ve con preocupación o incesante goteo de peche de locais hostaleiros na nosa cidade e, sobre todo, se ten pensado facer algo ao respecto para frealo».

«A situación resulta insostible -sostén Yoya Blanco- e preguntámoslle ao BNG se tamén está preocupado por este tema e se está a analizar a vía do Peprica para fomentar a hostalería… Para o noso absoluto abraio, non só non parecen estar polo labor de estudar modificación algunha, senón que, tras admitir cando menos que o Peprica está obsoleto, o propio concelleiro César Mosquera asegurou que, máis aló do lecer nocturno, non existe ningún tipo de problema na hostalería de Pontevedra. Unha vez máis, este Goberno Local nega a realidade, bótalle a culpa aos empresarios e traballadores do sector e, por suposto, non ten contemplado mover un dedo».

Blanco incidiu en que esta sufocante situación «non só afecta aos titulares dos negocios, senón tamén aos empregados, aos propietarios dos establecementos, aos consumidores e ao conxunto dunha cidadanía que quere desfrutar dunha oferta de hostalería e lecer propia dunha capital de provincia». Na súa opinión, «resulta dunha incomprensible falta de empatía que a única resposta a este crecente problema por parte da Administración municipal sexa a de ollar cara a outro lado, non facer absolutamente nada ao respecto e lavar as mans». 

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes