Categoría: Xunta
Iván Puentes urxe a Deputación e Xunta a «arrimar o ombreiro» para acometer a renovación integral do céspede e o sistema de drenaxe do Estadio de Pasarón: «Pontevedra e o Pontevedra CF merecen o mesmo tratamento que se lle dá a outras cidades e clubs galegos»
Pontevedra, martes 10 de febreiro de 2026.- Á marxe da mala imaxe que deixa nun club de 1ª RFEF, xogar ao fútbol nun terreo como o de Pasarón, transformado nunha auténtica piscina de waterpolo cada vez que chove con certa intensidade, está a converterse non só nunha misión imposible a nivel técnico, senón tamén nunha actividade de risco …
Puentes pídelle á Xunta que poña as máquinas «a traballar inmediatamente» na dragaxe do Lérez e insiste na necesidade de estender a retirada de lodos ao treito entre as pontes das Correntes e Os Tirantes
Pontevedra, martes 3 de febreiro de 2026.- A activación dos trámites para executar a ansiada dragaxe do Lérez, que onte anunciou Portos de Galicia, foi recibida cun optimismo un tanto agridoce por parte de Iván Puentes. O portavoz municipal do PSOE pídelle á Xunta de Galicia que non se limite a facer anuncios, «poña xa, inmediatamente, a traballar as máquinas para efectuar …
O PSOE esíxelles a Xunta e Concello que «escoiten dunha vez o SOS da comunidade educativa do CEIP A Xunqueira 1» e adopten «medidas urxentes» para resolver «os graves e recorrentes asolagamentos e desperfectos estruturais» que padece este centro educativo
Pontevedra, venres 30 de xaneiro de 2026.- Os socialistas de Pontevedra consideran «absolutamente vergoñenta e insostible a grave situación de deterioración que padecen as instalacións do CEIP A Xunqueira 1», afectadas por recorrentes asolagamentos que inutilizaron espazos esenciais como o comedor escolar e o salón de actos e, máis recentemente, polo derrubamento dun falso teito nunha zona reformada …
O PSOE eleva ao Parlamento Galego a presión para que Ence manteña tódolos postos de traballo na factoría de Pontevedra
Pontevedra, xoves 18 de decembro de 2025.- O PSOE decidiu elevar ao Parlamento Galego a presión política para que Ence manteña tódolos postos de traballo na súa factoría de Pontevedra. A través da deputada Paloma Castro, os socialistas veñen de rexistrar ante a Cámara autonómica unha proposición non de lei e na que instan á Xunta …
Os socialistas levarán a Pleno a ofensiva para esixirlle á Deputación que cumpra «a súa promesa de executar os tres itinerarios pendentes para facer realidade a Vía Verde das Rías Baixas»: «Non poden ignorar por completo os treitos Pontevedra-Portas e Arcade-Chapela; os traballos poden e deben avanzar en paralelo»
Pontevedra, mércores 3 de decembro.- Como impulsor do proxecto para a creación da gran Vía Verde das Rías Baixas, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, non está disposto a permitir que, ao tempo que saca peito do desbloqueo do treito entre Pontevedra e Arcade (14 km.), a Deputación desprece e ignore por completo a tramitación, financiamento e execución do itinerario que debe discorrer entre Portas …
O PSOE urxe ao Goberno Local a convocar antes do 10 de decembro o Pleno extraordinario que ratificará a integración da Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD) de Pontevedra dentro do Sergas
Pontevedra, 1 de decembro de 2025.- Despois de case 20 anos reivindicando que a Xunta de Galicia asuma a xestión da Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD) de Pontevedra, por fin, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Goberno autonómico veñen de asinar un acordo para fixar os criterios de integración destas unidades …
O socialista Iván Puentes critica que o PP propoña «deixar nun caixón» os cartos que se aforren ao paralizar o trazado da A-57 por Bora e Xeve e aposta por investilos en executar os treitos pendentes entre Vilaboa e O Confurco: «Conectaríamos esta infraestrutura coa autovía das Rías Baixas mediante unha estrada de alta capacidade libre de peaxe»
Pontevedra, martes 11 de novembro de 2025.- O socialista Iván Puentes considera que o texto da proposta que o PP pretendía levar a Pleno para solicitarlle formalmente ao Goberno de España o arquivo do proxecto da «mal chamada circunvalación de Pontevedra», a autovía A-57, peca tanto de «amnesia selectiva» como de «peticións sorprendentes, estreitez de miras e ausencia de ambición e …
O socialista Iván Puentes amosa a súa indignación ante o orzamento «absolutamente raquítico» da Xunta para Pontevedra: «Perdemos 30 millóns de euros en investimentos con respecto a 2025»
Pontevedra, martes 21 de outubro de 2025.- «O orzamento da Xunta para Pontevedra é absolutamente raquítico. Perdemos 30 millóns de euros con respecto a 2025, practicamente un terzo do investimento que se contemplaba para este ano desaparece en 2026, pasando de 97 a só 67 millóns de euros». Deste xeito valorou hoxe o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, o impacto que …
Iván Puentes urxe ao Goberno Local a recoller a luva da Zona Franca para xerar novas bolsas de chan empresarial en Pontevedra: «Temos unha oportunidade inmellorable de facer o que Rueda, a Xunta e o PP non quixeron facer, estudar a viabilidade do Porto Seco de Leborei e crear novas áreas industriais»
Pontevedra, mércores 8 de outubro de 2025.- Froito dunha reunión de traballo mantida polo Grupo Municipal do PSOE con representantes e técnicos do Consorcio Zona Franca de Vigo, o delegado especial do Estado neste organismo, David Regades, formalizou o pasado 6 de xuño, a través dunha carta remitida ao alcalde, o seu ofrecemento a colaborar co Concello para delimitar e estudar a …
O PSOE esíxelle á Xunta que cumpra co seu compromiso de concertar as prazas da residencia Amencer para persoas con parálise cerebral
Pontevedra, mércores 1 de outubro de 2025.- A residencia inaugurada o pasado ano por Amencer-Aspace na nosa cidade supón, para moitos veciños e veciñas con parálise cerebral e outros trastornos neuromotores, a única oportunidade que teñen para poder desenvolver unha vida digna e con tódalas súas necesidades cubertas. Non obstante, a pesar de dispoñer de capacidade …