Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Xestión de Residuos

Iván Puentes considera que a nova Ordenanza de Residuos é «a oportunidade de aprobar unha taxa do lixo máis xusta, que premie o comportamento responsable da cidadanía»: «A taxa actual é absolutamente inxusta, somos as familias as que facemos o grande esforzo económico»

Pontevedra, 12 de novembro de 2024.- «O PSOE non apoiará xamais unha suba xeralizada da taxa pola recollida do lixo, pero cremos que, á marxe da obriga legal, este é o momento, a oportunidade, de aprobar unha taxa máis xusta, que premie o comportamento responsable da cidadanía, xa que a actual non premia a reciclaxe, a compostaxe e …

O PSOE rebélase contra o ‘timo galaico’ que a Xunta de Rueda está a perpetrar contra os pontevedreses a través do canon pola xestión do lixo: «Pretenden meterlles aos cidadáns un ‘sablazo’ de 108 euros por tonelada para 2025, o que supón unha suba do 93%»

Pontevedra, 3 de setembro de 2024.- O peto dos pontevedreses e pontevedresas está a padecer desde o pasado mes de xuño, trala eliminación da dedución do 15% coa que Sogama bonificaba a implantación do contedor marrón, un novo castigo da Xunta de Galicia a través da progresiva suba do canon que o Concello de Pontevedra paga pola xestión dos residuos domésticos ou …

O PSOE propón que o Concello de Pontevedra estude a vía de remunicipalizar a medio prazo o Servizo de Recollida de Lixo e sitúa o caso de León como exemplo dunha xestión que «mellorou tanto en prestación como en aforro de cartos»

Pontevedra, 22 de maio de 2024.- Os concelleiros do Grupo Municipal desprazaranse este venres ata o concello de León no contexto dunha visita institucional na que manterán encontros co seu alcalde, José Antonio Diez, e co concelleiro responsable do Servizo de Limpeza e Residuos, Jon Ander Fernández. O principal motivo desta viaxe, encabezada polo portavoz do PSOE, Iván Puentes, será a de estudar …

Os socialistas esixen que a nova Ordenanza de Xestión de Residuos recolla a implantación dun sistema propio de recollida para o casco histórico: colocación, retirada e limpeza diaria dos colectores de lixo por un período de tempo limitado e en horario nocturno

Pontevedra, 29 de febreiro de 2024.- Os socialistas de Pontevedra queren que a nova Ordenanza de Xestión dos Residuos de Competencia Municipal, aínda en fase de tramitación, recolla o compromiso do Concello de implantar no centro histórico, así como noutras zonas que se poidan determinar como asimilables, «un sistema propio de recollida», como mínimo da denominada fracción resto …