Categoría: Saúde
O PSOE urxe ao Goberno Local a convocar antes do 10 de decembro o Pleno extraordinario que ratificará a integración da Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD) de Pontevedra dentro do Sergas
Pontevedra, 1 de decembro de 2025.- Despois de case 20 anos reivindicando que a Xunta de Galicia asuma a xestión da Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD) de Pontevedra, por fin, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Goberno autonómico veñen de asinar un acordo para fixar os criterios de integración destas unidades …
O socialista Iván Puentes quere combater a soidade non desexada nos maiores de 65 anos cun programa de atención integral coordinado co Sergas e con outros axentes sociais de Pontevedra
Avilés, venres 14 de novembro de 2025.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, pretende impulsar un programa de atención integral, coordinado co Servizo Galego de Saúde (Sergas) e con outros colectivos e axentes sociais de Pontevedra, co obxectivo de adoptar medidas que permitan combater a soidade non desexada nos maiores de 65 anos desde diferentes eidos. A partir dun …
O PSOE esíxelle á Xunta que cumpra co seu compromiso de concertar as prazas da residencia Amencer para persoas con parálise cerebral
Pontevedra, mércores 1 de outubro de 2025.- A residencia inaugurada o pasado ano por Amencer-Aspace na nosa cidade supón, para moitos veciños e veciñas con parálise cerebral e outros trastornos neuromotores, a única oportunidade que teñen para poder desenvolver unha vida digna e con tódalas súas necesidades cubertas. Non obstante, a pesar de dispoñer de capacidade …
O PSOE alerta dos «preocupantes focos de insalubridade» xerados no treito do Gafos que discorre por Rosalía de Castro: os túneles existentes baixo a ponte acumulan montañas de lixo e entullos
Pontevedra, martes 5 de agosto de 2025.- Colchóns, cartóns de viño, bolsas, bolsas, botellas de plástico, entullos, pezas de electrodomésticos… As montañas de lixo acumuladas nos túneles existentes baixo a ponte da rúa Rosalía de Castro, que se empregaban no seu día como galerías para facilitar o mantemento e os servizos neste último treito do Gafos, convertéronse en «preocupantes focos de …
O PSOE de Pontevedra clama contra a decisión da Xunta de converter a xestión da Residencia de Maiores da Eiriña «nun negocio lucrativo»
Pontevedra, venres 16 de maio de 2025.- O PSdeG vén de solicitarlle ao Goberno da Xunta en comisión parlamentaria que reverta o proceso de licitación para adxudicar a xestión da nova residencia de maiores financiada e construída pola Fundación Amancio Ortega no barrio pontevedrés da Eiriña. Esta demanda, promovida pola deputada Paloma Castro, pretende frear a …
O PSOE de Pontevedra planta cara ao «negocio privado paralelo» que a Xunta quere implantar co estacionamento do novo Hospital Montecelo e esixe «un aparcadoiro con prazas totalmente públicas e gratuítas»
Pontevedra, 2 de abril de 2025.- O PSOE de Pontevedra non está disposto a permitir que o ‘popular’ Alfonso Rueda implante un «negocio privado paralelo» no Hospital Montecelo, ao converter en prazas de pagamento 900 das 1.200 prazas proxectadas na construción do novo aparcadoiro. Os socialistas volven esixirlle á Xunta a gratuidade de tódolos espazos de …
Os socialistas elevan a presión contra a «deixazón de funcións» da Xunta coa Unidade de Atención á Drogodependencia e impulsan unha moción para que asuma «con urxencia» toda a súa xestión e financiamento
Pontevedra, xoves 13 de marzo de 2025.- Os socialistas non están dispostos a aturar por máis tempo a «deixazón de funcións» da Xunta de Galicia coa Unidade de Atención á Drogodependencia (UAD) de Pontevedra, obviando por completo as competencias que lle corresponden en materia de Sanidade e poñendo en serio risco a cobertura deste indispensable servizo. Ante esta …
Os socialistas instan ao Goberno Local a despregar unha rede de desfibriladores externos nos espazos e edificios públicos de Pontevedra
Pontevedra, 15 de novembro de 2024.- Segundo se pode extraer do Mapa Desa Galicia, elaborado polo 061, a nosa cidade conta actualmente con 60 dispositivos de desfibrilación automáticas e semiautomáticos (DEA e DESA) en edificios públicos e privados fóra do ámbito sanitario: en concreto, Pontevedra dispón de 34 desfibriladores en dependencias públicas (16 do Concello, 10 da Xunta, 5 da Deputación e …