Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Política Nacional

Os socialistas de Pontevedra denuncian o «silencio absoluto» e a «inacción cómplice» do PP de Galicia coa guerra arancelaria dun Trump «eloxiado por Pepa Pardo e Rafa Domínguez en redes sociais»

Pontevedra, sábado 12 de abril de 2025.- Os socialistas de Pontevedra consideran inaceptable que, no actual contexto de guerra arancelaria orquestrado por Donald Trump, en lugar de arrimar o ombro, tanto a Xunta de Alfonso Rueda como os dirixentes do PP manteñan «un absoluto silencio e unha inacción cómplice» e dediquen os seus esforzos a criticar as medidas …

Besteiro volve apostar por Iván Puentes para a Executiva do PSdeG ao confiarlle unha das secretarías de nova creación: será o responsable de Memoria Democrática

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2025.- O líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, volve apostar polo portavoz municipal do PSdeG, Iván Puentes, ao confiarlle unha das secretarías estratéxicas e de nova creación na Executiva Nacional conformada no conclave desta fin de semana. Así, Puentes, que ata a data se ocupaba da área …

O PSOE de Pontevedra amosa a súa indignación ante «a irresponsable decisión política do PP» de votar contra o decreto do Goberno: «Estanlle a dar unha labazada á cidadanía pontevedresa»

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2025.- O PSOE de Pontevedra amosou esta mañá a súa indignación ante «a decisión política irresponsable» adoptada polo PP, ao votar, xunto con Vox e Junts, en contra do decreto co que o Goberno de Pedro Sánchez pretendía revalorizar as pensións e o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e garantir os descontos …

Besteiro e Blanco comprométense cos veciños de Bora, Xeve e Verducido a facer forza para que o Ministerio de Transportes modifique o actual trazado da A-57

Pontevedra, 19 de novembro de 2024.- No marco das accións que o Partido Socialista está a desenvolver en apoio ás reivindicacións dos afectados polo trazado da autovía A-57 en Bora, Xeve e Verducido, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, convidou esta fin de semana a representantes veciñais a participar nunha reunión co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez …

O PSOE de Pontevedra sostén que a publicación das actas electorais é un «paso previo necesario para que en Venezuela se produza unha transición pacífica cara a unha democracia plena e se garanta que resulta investido o presidente lexitimamente electo»

Pontevedra, 18 de setembro de 2024.- A Executiva da Agrupación Socialista de Pontevedra considera que España debe liderar, diante da Unión Europea, a demanda para que o actual Goberno de Venezuela publique as actas das eleccións, nas que, segundo tódolos indicios, o triunfo correspondeu ao candidato Edmundo González. Para o PSOE, trátase dunha «esixencia de transparencia …

Iván Puentes celebra a valente decisión de Sánchez de continuar á fronte do Goberno de España: «Creo que hoxe máis da metade do país respirou aliviada»

Pontevedra, 29 de abril de 2024.- «Creo que hoxe máis da metade do país respirou aliviada unha vez que o presidente do Goberno confirmou a súa intención de permanecer á fronte do Executivo». Deste xeito expresou o portavoz municipal do PSOE e secretario de Organización da Agrupación Socialista de Pontevedra, Iván Puentes, o sentir dunha boa parte do noso país ao escoitar e celebrar a decisión de Pedro Sánchez …