Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Orzamentos

O PSOE cualifica os orzamentos da Xunta de «terroríficos para Pontevedra» e anuncia unha batería de emendas para reclamar «os investimentos que a nosa cidade merece» e evitar que as contas se convertan «nunha nova oportunidade perdida»

Pontevedra, venres 23 de outubro.- Atopámonos ás portas do Samaín e semella que a Xunta de Galicia decidiu converter os seus orzamentos de 2027 nun relato de terror que imos padecer os veciños e veciñas da nosa cidade. Un «conto de medo» do que os socialistas de Pontevedra agardan espantar o meigallo a través dunha …

Acordo entre Goberno local e PSOE para investir máis de 11 millóns de euros en obras, servizos públicos e no deseño urbano de Pontevedra

Pontevedra, mércores 21 de outubro de 2026.- O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o portavoz do grupo municipal do PSOE, Iván Puentes, presentaron esta mañá o acordo acadado entre o Goberno Local e o grupo municipal socialista para activar unha modificación de crédito por un importe total de 11.170.822,57 euros. «Esta modificación …

O Goberno Local e o grupo municipal do PSdeG pactan a quinta modificación de crédito do mandato, que ascende a 12,6 millóns de euros

Pontevedra, luns 3 de agosto de 2026.- O Goberno Local e o grupo municipal do Partido Socialista de Pontevedra compartiron espazo na rolda de prensa desta mañá destinada a anunciar un acordo clave sobre a que supón a quinta modificación de crédito do presente mandato. Na comparecencia, á que deu inicio o voceiro municipal do …

Puentes e Lores poñen Pontevedra «por riba de todo» e acordan uns Orzamentos 2026 centrados na excelencia e a calidade de vida

Pontevedra, mércores 28 de xaneiro.- O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o portavoz do grupo municipal do PSdG-PSOE, Iván Puentes asinaron esta mañá o acordo para a aprobación dos orzamentos municipais de 2026, un documento económico que ascende a 103.768.000 euros, o que supón un incremento do 5,21% respecto das contas de …

PSOE e BNG sentan as bases da negociación do novo orzamento coa revisión dos compromisos que xa estaban pactados

Pontevedra, mércores 12 de novembro de 2025.- Os grupos municipais do PSOE e o BNG mantiveron esta mañá, na Sala de Xuntas do Concello, a primeira reunión formal convocada co obxectivo de lograr que Pontevedra teña uns orzamentos consensuados para o ano 2026. O encontro serviu para sentar as bases dunha negociación que se iniciou coa revisión do grao de cumprimento dos compromisos …

O socialista Iván Puentes critica que o PP propoña «deixar nun caixón» os cartos que se aforren ao paralizar o trazado da A-57 por Bora e Xeve e aposta por investilos en executar os treitos pendentes entre Vilaboa e O Confurco: «Conectaríamos esta infraestrutura coa autovía das Rías Baixas mediante unha estrada de alta capacidade libre de peaxe»

Pontevedra, martes 11 de novembro de 2025.- O socialista Iván Puentes considera que o texto da proposta que o PP pretendía levar a Pleno para solicitarlle formalmente ao Goberno de España o arquivo do proxecto da «mal chamada circunvalación de Pontevedra», a autovía A-57, peca tanto de «amnesia selectiva» como de «peticións sorprendentes, estreitez de miras e ausencia de ambición e …

O PSOE urxe ao Goberno Local a «solucionar dunha vez os problemas estruturais» denunciados polas direccións dos centros educativos: «O BNG debe priorizar o cumprimento dos acordos adquiridos, creando unha bolsa de bedeis e duplicando a partida destinada ao mantemento»

Pontevedra, mércores 29 de outubro de 2025.- O PSOE de Pontevedra urxe ao Goberno Local a «solucionar de xeito urxente os problemas estruturais» que a Xunta de Directivos dos Centros Públicos de Ensino Infantil e Primaria denunciou este mes a través dun escrito dirixido á Concellería de Educación e á Alcaldía: unha queixa xeralizada polas eivas …

O socialista Iván Puentes amosa a súa indignación ante o orzamento «absolutamente raquítico» da Xunta para Pontevedra: «Perdemos 30 millóns de euros en investimentos con respecto a 2025»

Pontevedra, martes 21 de outubro de 2025.- «O orzamento da Xunta para Pontevedra é absolutamente raquítico. Perdemos 30 millóns de euros con respecto a 2025, practicamente un terzo do investimento que se contemplaba para este ano desaparece en 2026, pasando de 97 a só 67 millóns de euros». Deste xeito valorou hoxe o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, o impacto que …

Máis de 5 millóns de euros con selo do PSOE para impulsar proxectos clave da cuarta e maior modificación de crédito deste mandato

Pontevedra, martes 3 de xuño de 2025.- «É un día importante para a cidade, cun acordo entre dúas formacións políticas que pensamos diferente e que temos propostas diferentes para a cidade, pero que somos quen de chegar a acordos e entendementos. Nestes tempos, nos que está de moda a política da confrontación, da trincheira e da polarización, nós …

Os socialistas de Pontevedra denuncian o «silencio absoluto» e a «inacción cómplice» do PP de Galicia coa guerra arancelaria dun Trump «eloxiado por Pepa Pardo e Rafa Domínguez en redes sociais»

Pontevedra, sábado 12 de abril de 2025.- Os socialistas de Pontevedra consideran inaceptable que, no actual contexto de guerra arancelaria orquestrado por Donald Trump, en lugar de arrimar o ombro, tanto a Xunta de Alfonso Rueda como os dirixentes do PP manteñan «un absoluto silencio e unha inacción cómplice» e dediquen os seus esforzos a criticar as medidas …