Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Internacional

Os socialistas de Pontevedra denuncian o «silencio absoluto» e a «inacción cómplice» do PP de Galicia coa guerra arancelaria dun Trump «eloxiado por Pepa Pardo e Rafa Domínguez en redes sociais»

Pontevedra, sábado 12 de abril de 2025.- Os socialistas de Pontevedra consideran inaceptable que, no actual contexto de guerra arancelaria orquestrado por Donald Trump, en lugar de arrimar o ombro, tanto a Xunta de Alfonso Rueda como os dirixentes do PP manteñan «un absoluto silencio e unha inacción cómplice» e dediquen os seus esforzos a criticar as medidas …

O PSOE de Pontevedra sostén que a publicación das actas electorais é un «paso previo necesario para que en Venezuela se produza unha transición pacífica cara a unha democracia plena e se garanta que resulta investido o presidente lexitimamente electo»

Pontevedra, 18 de setembro de 2024.- A Executiva da Agrupación Socialista de Pontevedra considera que España debe liderar, diante da Unión Europea, a demanda para que o actual Goberno de Venezuela publique as actas das eleccións, nas que, segundo tódolos indicios, o triunfo correspondeu ao candidato Edmundo González. Para o PSOE, trátase dunha «esixencia de transparencia …

A Executiva da Agrupación Socialista de Pontevedra condena os atentados terroristas de Hamás e os asasinatos e actos de violencia contra a poboación civil de Palestina

Pontevedra, 20 de outubro de 2023.- Ante a cruenta escalada bélica que se está a producir en Oriente Medio, a Executiva da Agrupación Socialista de Pontevedra quere expresar a súa máis rotunda condena «tanto dos ataques terroristas cometidos por Hamás contra Israel como dos asasinatos e actos de violencia perpetrados contra a poboación civil de Palestina».  …

O PSOE emenda a moción do PP contra os ataques terroristas de Hamás cunha adición na que tamén se solicita a condena expresa dos asasinatos e actos de violencia perpetrados contra a poboación civil de Palestina

Pontevedra, 19 de outubro de 2023.- O Grupo de Municipal do PSOE vén de rexistrar unha emenda de adición á moción do PP na que se insta ao Pleno do Concello a condenar os ataques terroristas de Hamás contra Israel e ao Goberno de España a que defenda que a UE manteña as axudas de carácter humanitario dirixidas ao pobo palestino, garantindo …