Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: economia

A Zona Franca de Vigo ratifica o seu compromiso de crear o centro de negocios e emprendemento proxectado polo socialista Iván Puentes na cidade de Pontevedra

Pontevedra, luns 16 de marzo de 2026.- O delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, ratificou esta mañá o compromiso da institución pública de poñer en marcha o centro de negocios e emprendemento proxecto polo portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, na cidade de Pontevedra. Regades asegurou que «nestes momentos, temos presenza xa en moitos lugares da provincia, como Baiona, Nigrán, …

PSOE e BNG sentan as bases da negociación do novo orzamento coa revisión dos compromisos que xa estaban pactados

Pontevedra, mércores 12 de novembro de 2025.- Os grupos municipais do PSOE e o BNG mantiveron esta mañá, na Sala de Xuntas do Concello, a primeira reunión formal convocada co obxectivo de lograr que Pontevedra teña uns orzamentos consensuados para o ano 2026. O encontro serviu para sentar as bases dunha negociación que se iniciou coa revisión do grao de cumprimento dos compromisos …

O PSOE impulsará no Pleno a creación dunha Oficina Municipal de Apoio ao Emprendemento Local e a activación dunha bolsa de alugueiro e venda de establecementos comerciais

Pontevedra, martes 11 de novembro de 2025.- A posta en marcha dun viveiro ou aceleradora de iniciativas empresariais, aproveitando as sinerxías do futuro convenio de colaboración asinen Concello e Consorcio Zona Franca de Vigo para desenvolver novas bolsas de chan industrial en Pontevedra e con sede preferente no barrio da Parda, é unha das principais propostas incluídas no ambicioso paquete de …

O socialista Iván Puentes impulsará a implantación dunha aceleradora de empresas e comercio no barrio da Parda

Pontevedra, martes 28 de outubro de 2025.- Instalar na zona leste da cidade unha aceleradora ou viveiro de empresas e comercio, na que se poidan implicar tanto o Concello de Pontevedra como outras administracións, é unha das principais propostas que o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, se comprometeu a impulsar cos pequenos empresarios do barrio da Parda. Unha demanda dos propios …

Luc André Diouf: «Ante as cacerías de Torre Pacheco e a queima do centro de menores de Monforte debemos dar unha resposta positiva e falar da contribución dos inmigrantes ao desenvolvemento económico deste país»

Pontevedra, venres 24 de outubro de 2025.- Ante acontecementos como o de Murcia (Torre Pacheco) ou o recente ataque ao centro de acollida de menores migrantes de Monforte, «non sabemos por quen, pero probablemente por individuos próximos á extrema dereita», o deputado Luc André Diouf, secretario de Políticas Migratorias e Refuxiados do PSOE, considera que «non …

Puentes sela o compromiso de Regades co Porto Seco de Leborei: a Zona Franca de Vigo ofrécese a realizar o estudo de viabilidade do proxecto e a desenvolver o parque empresarial

Vigo, mércores 4 de xuño de 2025.- A cidade de Pontevedra non conta nestes momentos cun só metro cadrado dispoñible para o asentamento de empresas, polo que a xeración de novo chan industrial é un das prioridades do PSOE á hora de pactar os orzamentos co BNG. Así, de cara a aprobar as contas deste 2025, os socialistas …

Iván Puentes quere que Pontevedra lidere a oposición institucional contra o proxecto de Altri en Palas de Reis: «A Xunta e Rueda deben deixar de financiar industrias contaminantes en connivencia con portas xiratorias»

Pontevedra, martes 6 de maio de 2025.- O Grupo Socialista quere que o Concello de Pontevedra lidere a resposta institucional contra o proxecto de Altri en Palas de Reis. A través dunha iniciativa que Iván Puentes defenderá no vindeiro Pleno da Corporación, o PSOE pediralle ao Goberno Local que se dirixa á Presidencia de España, aos ministerios de Industria …

A UGT homenaxeará á mestra e sindicalista Mónica Reinaldo como preludio da manifestación organizada en Pontevedra co gallo do 1º de maio

Pontevedra, 27 de abril de 2025.- No marco dos actos organizados co gallo do 1º de maio, Día Internacional dos Traballadores, a Unión Comarcal de Pontevedra, Arousa e Deza de UGT, en colaboración coa Fundación Luis Tilve, celebrará unha cea de homenaxe a Mónica Reinaldo Soto, que foi secretaria de Formación, Igualdade e Riscos Laborais de …

Os socialistas de Pontevedra denuncian o «silencio absoluto» e a «inacción cómplice» do PP de Galicia coa guerra arancelaria dun Trump «eloxiado por Pepa Pardo e Rafa Domínguez en redes sociais»

Pontevedra, sábado 12 de abril de 2025.- Os socialistas de Pontevedra consideran inaceptable que, no actual contexto de guerra arancelaria orquestrado por Donald Trump, en lugar de arrimar o ombro, tanto a Xunta de Alfonso Rueda como os dirixentes do PP manteñan «un absoluto silencio e unha inacción cómplice» e dediquen os seus esforzos a criticar as medidas …

Iván Puentes asegura que Pontevedra seguirá a padecer «un goteo incesante de peches de locais de lecer e hostalería» no centro histórico mentres non se aborde a actualización dun Peprica «absolutamente desfasado»

Pontevedra, luns 17 de marzo de 2025.- Na súa comparecencia desta mañá, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, valorou os recentes peches de locais de lecer nocturno e o debate social que se está a xerar en relación a aplicación das normas de protección do centro histórico a este tipo de negocios. Puentes lembrou que «a hostalería é un dos motores de desenvolvemento …