Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Desenvolvemento Sostible e Medio Natural

Iván Puentes eleva ao Pleno a súa ofensiva para impedir que Rafa Domínguez «saque a motoserra e perpetre un atentado ecolóxico e patrimonial» nos xardíns de Santa Clara: «O exterminio de 150 especies arbóreas na zona verde máis antiga da cidade é unha aberración inxustificable»

Pontevedra, mércores 18 de marzo de 2026.- Alén do absoluto abandono que marcou o devir do proxecto de restauración desde que a Deputación o incorporou ao seu patrimonio no ano 2023 trala oportuna cesión do Concello de Pontevedra, a nefasta xestión do seu vicepresidente, Rafa Domínguez, viviu o seu episodio máis grave cando se coñeceu a decisión política de destruír uns 1.600 metros cadrados de xardín …

Iván Puentes alerta dos plans de Rafa Domínguez para «liquidar de tapadillo e dun plumazo» máis de 150 árbores dos xardíns de Santa Clara: «Esixímoslle que non cometa este atentado patrimonial e ecolóxico na zona verde máis antiga que conserva a cidade»

Pontevedra, martes 17 de febreiro de 2026.- Despois de tres anos de mandato sen saber absolutamente nada do ansiado proxecto para abrir á cidadanía os xardíns de Santa Clara, hai unha semana, o martes 10 de febreiro, a Plataforma de Contratación do Sector Público divulgaba un anuncio da Deputación de Pontevedra para a licitación dos ‘Traballos de tala controlada de arborado no recinto do Convento’, por …

Puentes reclama actuacións de prevención complementarias ás lagoas de inundación natural proxectadas en Valdecorvos: a retirada do actual colector de fecais, a detección e eliminación de posibles obturacións no treito soterrado e a ampliación da galería do regato en determinados puntos para mellorar o alivio de agua cara ao Lérez

Pontevedra, venres 13 de febreiro de 2026.- Toda vez que tanto Augas de Galicia como un inicialmente reluctante Concello, e mesmo até o ‘opositor’ Rafa Domínguez (que sacou da chisteira a delirante idea de instalar un novo colector), decidiron finalmente apostar polo proxecto que impulsou Iván Puentes para acabar cos recorrentes alagamentos na rúa Padre Fernando …

Puentes insta ao Ministerio de Transportes a «axilizar ao máximo» a solución ás graves e recorrentes inundacións da avenida de Marín: «Padeceu 52 cortes entre principios de 2024 e o que vai deste 2026. É a estrada que máis se inunda de toda España a causa da subida do nivel do mar. Os efectos do cambio climático xa están aquí»

Pontevedra, martes 10 de febreiro de 2026.- A avenida de Marín padeceu entre principios de 2024 e o que vai deste 2026 ata 52 cortes totais ou parciais (26 en 2024, 12 en 2025 e 14 nestes primeiros meses de ano), unhas cifras que poñen de manifesto os efectos cada vez máis tanxibles do cambio climático sobre a PO-11, a estrada …

Puentes pídelle á Xunta que poña as máquinas «a traballar inmediatamente» na dragaxe do Lérez e insiste na necesidade de estender a retirada de lodos ao treito entre as pontes das Correntes e Os Tirantes

Pontevedra, martes 3 de febreiro de 2026.- A activación dos trámites para executar a ansiada dragaxe do Lérez, que onte anunciou Portos de Galicia, foi recibida cun optimismo un tanto agridoce por parte de Iván Puentes. O portavoz municipal do PSOE pídelle á Xunta de Galicia que non se limite a facer anuncios, «poña xa, inmediatamente, a traballar as máquinas para efectuar …

O PSOE eleva ao Parlamento Galego a presión para que Ence manteña tódolos postos de traballo na factoría de Pontevedra

Pontevedra, xoves 18 de decembro de 2025.- O PSOE decidiu elevar ao Parlamento Galego a presión política para que Ence manteña tódolos postos de traballo na súa factoría de Pontevedra. A través da deputada Paloma Castro, os socialistas veñen de rexistrar ante a Cámara autonómica unha proposición non de lei e na que instan á Xunta …

Os socialistas levarán a Pleno a ofensiva para esixirlle á Deputación que cumpra «a súa promesa de executar os tres itinerarios pendentes para facer realidade a Vía Verde das Rías Baixas»: «Non poden ignorar por completo os treitos Pontevedra-Portas e Arcade-Chapela; os traballos poden e deben avanzar en paralelo»

Pontevedra, mércores 3 de decembro.- Como impulsor do proxecto para a creación da gran Vía Verde das Rías Baixas, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, non está disposto a permitir que, ao tempo que saca peito do desbloqueo do treito entre Pontevedra e Arcade (14 km.), a Deputación desprece e ignore por completo a tramitación, financiamento e execución do itinerario que debe discorrer entre Portas …

Iván Puentes urxe a Xunta e Concello a que «poñan as pilas» e «aceleren» os traballos para acabar cos alagamentos de Fernando Olmedo: «Xa pasaron case tres anos desde que os socialistas puxemos enriba da mesa a solución de crear balsas de inundación natural en Valdecorvos»

Pontevedra, mércores 3 de decembro de 2025.- A magnitude dos recentes asolagamentos que as fortes choivas volveron producir na rúa Padre Fernando Olmedo incrementaron a preocupación do portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, polas constantes dilacións á hora de tramitar o proxecto que os socialistas impulsaron desde o Concello e que permitiría poñer fin a décadas de alagamentos: a creación …

Os socialistas acusan ao PP de «xerar ruído» arredor dos alagamentos que padece o CEIP A Xunqueira 1 e esíxenlle á Xunta «que execute con urxencia un plan de prevención de inundacións e unha reforma integral deste centro educativo»

Pontevedra, martes 25 de novembro de 2025.- O PSOE de Pontevedra considera «absolutamente deplorable» que o PP de Rafa Domínguez tentase «sacar tallada» do grave problema de inundacións que padece o CEIP A Xunqueira 1, «xerando ruído para tapar deixazón de funcións da Xunta, espallando bulos e confusión sobre as responsabilidades de cada administración e mesmo querendo empaquetarlle ao Concello unha …

O PSOE aféalle á Deputación que «ignore por completo» o financiamento do treito da Vía Verde das Rías Baixas entre Portas e Pontevedra e reclámalle a súa execución inmediata

Pontevedra, mércores 19 de novembro de 2025.- O desbloqueo do itinerario da Vía Verde entre Arcade e Pontevedra, tralas conversas mantidas onte en Madrid entre responsables da Administración de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) e a Deputación Provincial, foi recibido como unha noticia agridoce polo portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, artífice do impulso que este demandado proxecto …