Categoría: Cambio Climático
Puentes reclama actuacións de prevención complementarias ás lagoas de inundación natural proxectadas en Valdecorvos: a retirada do actual colector de fecais, a detección e eliminación de posibles obturacións no treito soterrado e a ampliación da galería do regato en determinados puntos para mellorar o alivio de agua cara ao Lérez
Pontevedra, venres 13 de febreiro de 2026.- Toda vez que tanto Augas de Galicia como un inicialmente reluctante Concello, e mesmo até o ‘opositor’ Rafa Domínguez (que sacou da chisteira a delirante idea de instalar un novo colector), decidiron finalmente apostar polo proxecto que impulsou Iván Puentes para acabar cos recorrentes alagamentos na rúa Padre Fernando …
Puentes insta ao Ministerio de Transportes a «axilizar ao máximo» a solución ás graves e recorrentes inundacións da avenida de Marín: «Padeceu 52 cortes entre principios de 2024 e o que vai deste 2026. É a estrada que máis se inunda de toda España a causa da subida do nivel do mar. Os efectos do cambio climático xa están aquí»
Pontevedra, martes 10 de febreiro de 2026.- A avenida de Marín padeceu entre principios de 2024 e o que vai deste 2026 ata 52 cortes totais ou parciais (26 en 2024, 12 en 2025 e 14 nestes primeiros meses de ano), unhas cifras que poñen de manifesto os efectos cada vez máis tanxibles do cambio climático sobre a PO-11, a estrada …
Iván Puentes urxe a Xunta e Concello a que «poñan as pilas» e «aceleren» os traballos para acabar cos alagamentos de Fernando Olmedo: «Xa pasaron case tres anos desde que os socialistas puxemos enriba da mesa a solución de crear balsas de inundación natural en Valdecorvos»
Pontevedra, mércores 3 de decembro de 2025.- A magnitude dos recentes asolagamentos que as fortes choivas volveron producir na rúa Padre Fernando Olmedo incrementaron a preocupación do portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, polas constantes dilacións á hora de tramitar o proxecto que os socialistas impulsaron desde o Concello e que permitiría poñer fin a décadas de alagamentos: a creación …
Os socialistas acusan ao PP de «xerar ruído» arredor dos alagamentos que padece o CEIP A Xunqueira 1 e esíxenlle á Xunta «que execute con urxencia un plan de prevención de inundacións e unha reforma integral deste centro educativo»
Pontevedra, martes 25 de novembro de 2025.- O PSOE de Pontevedra considera «absolutamente deplorable» que o PP de Rafa Domínguez tentase «sacar tallada» do grave problema de inundacións que padece o CEIP A Xunqueira 1, «xerando ruído para tapar deixazón de funcións da Xunta, espallando bulos e confusión sobre as responsabilidades de cada administración e mesmo querendo empaquetarlle ao Concello unha …
Os socialistas reclaman que o proxecto do novo parque da Parda contemple as demandas veciñais para a protección e conservación medioambiental da xunqueira de 8.000 metros cadrados existente no barrio
Pontevedra, martes 15 de xullo de 2025.- Desde hai tempo, diversos veciños/as e asociacións reclaman que o Concello adopte medidas de protección e conservación medioambiental na Xunqueira da Parda, un humidal duns 8.000 metros cadrados de superficie e grande valor biolóxico situado no barrio pontevedrés. Unhas demandas que se foron intensificando co comezo das obras do novo parque da Parda e …
O PSOE pon o foco na prevención e defensa contra os fogos forestais «antes de que chegue a época máis complicada do verán»: solicita que Pontevedra se adhira ao convenio autonómico para o mantemento e limpeza das faixas de protección contra incendios
Pontevedra, mércores 18 de xuño de 2025.- As faixas secundarias son zonas de protección duns 50 metros de ancho situadas arredor de núcleos de poboación, infraestruturas ou polígonos industriais e nas que se xestiona a biomasa co obxectivo de reducir o risco de incendios, polo que xogan un papel esencial á hora de evitar a propagación …
O PSOE reclámalle á Xunta que estenda a dragaxe do Lérez ata a Ponte dos Tirantes e urxe unha actuación ‘exprés’ no contorno do Club Naval
Pontevedra, martes 13 de maio de 2025.- Cando aínda segue vivo o debate técnico sobre o emprazamento óptimo para o depósito dos áridos que se retiren coa agardada dragaxe do Lérez e da ría de Pontevedra, o Grupo Municipal do PSOE considera que é necesario aproveitar este momento de ‘impasse’ para redimensionar o proxecto e estendelo río arriba, cara a outras zonas …
A UGT homenaxeará á mestra e sindicalista Mónica Reinaldo como preludio da manifestación organizada en Pontevedra co gallo do 1º de maio
Pontevedra, 27 de abril de 2025.- No marco dos actos organizados co gallo do 1º de maio, Día Internacional dos Traballadores, a Unión Comarcal de Pontevedra, Arousa e Deza de UGT, en colaboración coa Fundación Luis Tilve, celebrará unha cea de homenaxe a Mónica Reinaldo Soto, que foi secretaria de Formación, Igualdade e Riscos Laborais de …
O socialista Iván Puentes celebra «con grande orgullo» que o Goberno Local decidise finalmente «asumir e executar o proxecto de restauración ambiental do Gafos impulsado polo PSOE»: «Amosa o acerto da estratexia Pontevedra Flúe»
Pontevedra, 22 de marzo de 2025.- A presentación do proxecto que permitirá acometer a restauración ambiental do treito urbano do río dos Gafos foi recibida por Iván Puentes «cunha sensación de grande orgullo». O portavoz municipal do PSOE celebra que «por fin, tras dous anos de mandato, o Goberno Local decidise asumir e executar a proposta presentada polo Partido Socialista en 2020 (cando estaba á fronte …
O socialista Iván Puentes relanza a súa loita contra o cambio climático e o abusivo prezo da vivenda en Pontevedra: urxe a declaración da cidade como zona de mercado residencial tensionado e propón bonificacións para alugueiros e instalacións solares
Pontevedra, luns 17 de marzo de 2025.- Cando se cumpre un ano desde que o Pleno aprobara unha moción impulsada polo Grupo Socialista para que o Concello iniciase os trámites necesarios para a declaración de Pontevedra como zona de mercado residencial tensionado, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, decidiu relanzar a súa ‘cruzada’ para axudar a paliar os efectos do cambio …