Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O PSdeG destaca o compromiso da Deputación coa seguridade cidadá tras a posta en marcha do novo parque de bombeiros de Morás

O PSdeG valora a posta en marcha do novo parque comarcal de bombeiros de Morás como un paso importante na mellora da seguridade para máis de 135.000 veciños e veciñas da área metropolitana coruñesa, froito do compromiso investidor da Deputación da Coruña.

Esta infraestrutura, que substitúe ás antigas instalacións de Sabón, contou cun investimento de 1,3 millóns de euros e permitirá optimizar os tempos de resposta ante emerxencias pola súa localización estratéxica e conexión directa coas principais vías de alta capacidade.

O novo parque reforzará tamén os seus medios humanos ata acadar os 25 efectivos, converténdose na base con maior dotación de persoal da rede provincial, o que evidencia a aposta por un servizo público moderno e eficaz.

O socialista e presidente da Deputación, Valentín Gonzalez Formoso, prsentou o proxecto como “un exemplo de cooperación entre administracións” e destacou o “papel clave da Deputación no impulso de infraestruturas estratéxicas que melloran a calidade dos servizos públicos e a cohesión territorial”.

Unha actuación que reflicte unha forma de gobernar centrada no interese xeral e na mellora real das condicións de vida da cidadanía.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes