Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Category: Infraestruturas

Os socialistas levan de novo ao pleno da Deputación unha moción para reclamar a gratuidade da AG-55 de Carballo á Coruña

O grupo socialista levará de novo ao pleno da Deputación da Coruña unha moción para esixir ao Goberno da Xunta de Galiza a gratuidade da autovía AG-55 (A Coruña-Carballo), nunha iniciativa que será presentada de maneira conxunta co BNG. A moción inclúe dous acordos principais: instar á Xunta de Galiza a eliminar as peaxes e …

O PSdeG destaca o compromiso da Deputación coa seguridade cidadá tras a posta en marcha do novo parque de bombeiros de Morás

O PSdeG valora a posta en marcha do novo parque comarcal de bombeiros de Morás como un paso importante na mellora da seguridade para máis de 135.000 veciños e veciñas da área metropolitana coruñesa, froito do compromiso investidor da Deputación da Coruña. Esta infraestrutura, que substitúe ás antigas instalacións de Sabón, contou cun investimento de …

A Deputación da Coruña reforza os servizos sociais coa nova residencia de saúde mental das Pontes, que abrirá en 2027

O presidente socialista da institución destacou o avance das obras da futura residencia de saúde mental das Pontes, un proxecto clave para a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal que conta co apoio económico da institución provincial. Formoso visitou as obras deste novo centro, que xa están executadas nun 70% e que conta cun investimento …

Valentín Formoso e Margarita Lamela asinan un convenio de medio millón de euros para reformar o complexo deportivo de San Paio de Refoxos

-O presidente socialista da Deputación e a alcaldesa socialista de Cee impulsan deste xeito a construción dun novo campo de fútbol 7 de herba artificial entre outras melloras O presidente da Deputación provincial, o socialista Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Cee, a socialista Margarita Lamela, asinaron este venres un convenio de colaboración para …