Skip to content

Galego

¡Síguenos!

A Deputación da Coruña reforza os servizos sociais coa nova residencia de saúde mental das Pontes, que abrirá en 2027

O presidente socialista da institución destacou o avance das obras da futura residencia de saúde mental das Pontes, un proxecto clave para a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal que conta co apoio económico da institución provincial.

Formoso visitou as obras deste novo centro, que xa están executadas nun 70% e que conta cun investimento provincial de 500.000 euros. A residencia terá capacidade para 25 persoas e converterase no primeiro recurso residencial destas características na área sanitaria de Ferrolterra.

O Grupo Provincial Socialista destaca a importancia deste proxecto, que da resposta á demanda histórica da comarca de mellorar a atención ás persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias.

A futura residencia, impulsada pola Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal coa colaboración de diferentes administracións, contribuirá tamén á creación de emprego especializado e a reforzar a rede de atención sociosanitaria na provincia.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes