A Deputación da Coruña e a Asociación Española Contra o Cancro crean a Rede de Concellos Contra o Cancro para levar prevención e apoio a toda a provincia
O proxecto contará co apoio económico da Deputación para a súa posta en marcha
O PSdeG-P pon en valor o impulso da Deputación da Coruña á Rede de Concellos Contra o Cancro, unha iniciativa desenvolvida xunto á Asociación Española Contra o Cancro que reforza a prevención, o apoio ás persoas pacientes e a igualdade no acceso aos recursos en todo o territorio.
Destacan o compromiso do presidente socialista, Valentín González Formoso, cunha política útil e centrada nas persoas, especialmente no ámbito rural, engadindo que este proxecto supón un avance clave para reducir desigualdades territoriais e garantir que toda a cidadanía, viva onde viva, teña acceso a información, acompañamento e servizos.

O PSdeG salienta tamén o importante esforzo investidor da Deputación, que permite consolidar unha rede de colaboración entre concellos, profesionais e tecido social para facer fronte a un dos principais retos de saúde pública e demostrando que co liderado de Valentín González Formoso é posible desenvolver políticas sociais avanzadas que non deixen a ninguén atrás.
RRSS