Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Oitava edición dos Premios PEL con 80.000 euros para recoñecer o talento empresarial da provincia

A contía, a máis alta da historia dos galardóns, reforza o apoio a persoas autónomas, microempresas e pemes que xeran emprego e riqueza no territorio

O PSdeG valora moi positivamente a nova convocatoria dos Premios PEL da Deputación da Coruña, que nesta oitava edición acadan a súa maior dotación histórica con 80.000 euros, reforzando así o apoio ao tecido produtivo da provincia.

Esta iniciativa consolídase como unha ferramenta útil para recoñecer o labor de persoas autónomas, microempresas e pemes que xeran emprego, riqueza e cohesión territorial, especialmente no ámbito rural. Subliñan, ademais, a importancia de impulsar un modelo económico máis sostible, innovador e con impacto social positivo.

A convocatoria establece catro categorías —Iniciativa emprendedora, Traxectoria empresarial, Iniciativa territorio sostible e Iniciativa empresarial singular—, ademais dunha mención honorífica ao mellor proxecto transformador do rural.

Desde o PSdeG animan ao conxunto do tecido empresarial da provincia a participar nesta convocatoria, que consideran clave para visibilizar o talento, apoiar o crecemento das empresas e fortalecer a economía local.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes