Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O PSdeG provincial destaca o apoio da Deputación ás agrupacións de Protección Civil

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña valora moi positivamente a aprobación por parte da Deputación da Coruña dunha nova liña de axudas destinada a reforzar as agrupacións de Protección Civil da provincia, cun investimento total de 114.961,65 euros.

Desde o grupo provincial socialista destacan que esta medida, que beneficiará a 16 agrupacións e asociacións, supón un paso máis no compromiso firme coa seguridade da cidadanía e co apoio ao voluntariado, especialmente nos concellos máis pequenos, onde estes equipos desenvolven un labor imprescindible.

O PSdeG subliña que estas axudas permitirán mellorar os medios materiais e operativos das agrupacións, facilitando a adquisición de equipamento, maquinaria, ferramentas de rescate, sistemas de comunicación e vehículos, reforzando así a súa capacidade de resposta ante situacións de emerxencia.

Neste sentido, o grupo provincial pon en valor a aposta continua da Deputación por fortalecer un servizo esencial que contribúe á prevención, á intervención rápida e ao apoio directo á veciñanza en momentos críticos.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes