Aberto o prazo para solicitar 48 bolsas de investigación e perfeccionamento artístico
Convócanse 20 bolsas de investigación e 28 de perfeccionamento artístico de 10.000 euros cada unha, cun orzamento total de preto de medio millón de euros
O grupo provincial do PSdeG-PSOE na Deputación da Coruña puxo en valor as bolsas da Deputación destinadas a apoiar á mocidade da provincia na realización de proxectos de investigación e no perfeccionamento de estudos artísticos durante o curso 2026-2027. Recorda, ademáis, que xa se abriu o prazo para solicitalas.
A convocatoria conta cun orzamento total de 480.000 euros para financiar 48 bolsas de 10.000 euros cada unha, incrementando tanto o número como a contía das axudas nos últimos anos.
No ámbito da investigación, convócanse 20 bolsas dirixidas a persoas tituladas universitarias menores de 36 anos, que desenvolverán proxectos en áreas como as ciencias da saúde, sociais, humanidades, ciencias ou enxeñería.
Pola súa banda, destínanse 28 bolsas ao perfeccionamento de estudos artísticos, que permitirán ao alumnado completar a súa formación en centros de prestixio fóra de Galicia en disciplinas como música, artes visuais, audiovisual, danza ou teatro.
RRSS