Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O Grupo Provincial Socialista destaca o apoio da Deputación da Coruña ás protectoras de animais con preto de 179.000 euros

Valentín González Formoso asinou este acordo co obxectivo de reforzar o apoio da institución provincial ás entidades que traballan na protección e coidado dos animais abandonados na provincia

O Grupo Provincial Socialista da Deputación da Coruña destacou o compromiso do goberno provincial co benestar animal a través da concesión de 178.978,40 euros en axudas destinadas a apoiar o traballo das asociacións protectoras da provincia.

Estas subvencións, cuxa concesión provisional publica hoxe o Boletín Oficial da Provincia (BOP), distribúense en dúas liñas: 142.223,20 euros para actividades e 36.755,20 euros para investimentos destinados á mellora das instalacións das entidades beneficiarias.

Desde o Grupo Provincial Socialista destacan que o labor destas entidades é fundamental para avanzar cara a unha sociedade máis responsable e comprometida co benestar animal, e reiteran a vontade da Deputación de seguir apoiando o seu traballo en toda a provincia.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes