Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Os socialistas solicitan a Rey Varela “que deixe de poñer excusas e empece a arreglar os baches”

Cada semana ven con un conto novo”, reprochou Julián Reina.

Ferrol, 26 de febreiro de 2026.- O grupo socialista mostrou a súa sorpresa pola nova excusa do alcalde da cidade ante a situación de abandono que se atopan as súa rúas..

Dende o grupo socialista recordaron que na comisión de obras da semana pasada, o goberno do señor Rey Varela argumentaba que o motivo de que as rúas de Ferrol esten plagadas de fochancas era as choivas do inverno. Argumento que foi rebatido polo grupo socialista a traves do concelleiro, Julián Reina, que rebatiu dita información cos datos da certificación das reparacións de decembro na que quedaba acreditado que só se repararon 41 metros cadrados de baches con asfalto, 60 metros de beirarrúas, 39 metros de laxes de granito, menos de 5 metros con laxes de formigón e 1 sumidoiro, o que para para o grupo socialista nunha cidade cunha superficie de 81,9 quilómetros cadrados consideraban insuficiente.

Tamén na pasada semana, manifestaron a necesidade de facer reparacións e suficientes para a cidade en lugar de reparar 1 de cada 20 fochancas, e reparacións de calidade en lugar de un pegote de mestura bituminosa para “sair do paso”.

Os socialistas aclararon que o estado actual das rúas da cidade estaba provocado pola falta de mantemento durante todo o mandato, e ao feito de que o actual goberno quedase sen contrato de mantemento de estradas dende setembro.

Tamén lembraron que naquel momento advertiron das posibles consecuencias dos drásticos recortes que o Sr. Rey Varela pretendía facer na reparación de baches, reducindo o orzamento de 85.000 € a 15.000 € ao mes, o maior recorte da historia para a reparación de fochancas e o mantemento de beirarrúas. Por este motivo, o grupo socialista solicitou un contrato provisional de urxencia mentres se adxudicaba o novo contrato, para evitar o estado actual de deterioración das rúas de Ferrol.

Dende o grupo socialista denunciaron que como o alcalde non convenceu a ninguén, esta semana invéntase una nova excusa para xustificar os baches, “cada semana ven con un conto novo” reprochou Julián Reina, “e esta semana toca botar as culpas a Pedro
Sánchez”,dende o grupo socialista insistiron na necesidade de deixar de facer anuncios en prensa e centrarse no mantemento da cidade que se atopa no que calificaron nun preocupante estado de abandono, motivo polo que o concelleiro socialista solicitou ao alcalde “que deixe de poñer excusas e empece a arreglar os baches

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes