Os socialistas instan ao goberno de Rey Varela a contratar o mantemento dos parques caninos da cidade e a ampliar a superficie do recinto de O Diapasón
Para o concelleiro Germán Costoya, o alcalde de Ferrol continúa co abandono dos parques caninos e subliña que no terceiro ano de mandato Ferrol continúa sen ter un contrato de mantemento
Ferrol, 2 decembro 2025.- O edil socialista Germán Costoya exixiu novamente ao goberno de Rey Varela que se tome en serio o benestar animal nesta cidade. “Din que están comprometidos coas mascotas, pero é todo ‘de boquilla’, xa que o certo é que cada día os nosos parques caninos están en peor estado”, asegurou o concelleiro, que engadiu que “agora van a facer uns traballos puntuais, un parche, pero nin se plantean ter un contrato para o mantemento diario destes recintos”.
Como explicou o edil. “este goberno adxudicou o contrato de mantemento de zonas verdes e non se lembrou de incluir os parques caninos, e agora está a piques de adxudicar o contrato de limpeza viaria e recollida de residuos e neste tampouco se lembraron de incluir os recintos para as mascotas”.
Por outra banda, o concelleiro socialista voltou reiterar a necesidade de ampliar o parque canino do Diapasón. “Unha vez rematada a obra de As Pías, é evidente que se dispón de espazo suficiente ao redor do recinto actual para levar a cabo a súa ampliación, mo0i necesario posto que se trata dun parque moi utilizado pola veciñanza e non amplialo sería un deixamento, outro máis, do goberno de Rey Varela”.
Para rematar, Germán Costoya instou novamente ao goberno de Rey Varela a tomarse en serio ás mascotas da nosa cidade. “Os parques caninos están abandoados, non se fai ningunha mellora, non hai ningunha nova dun novo parque canino na contorna do Inferniño, non se leva a cabo ningunha campaña contra o abandono de animais nin de ningún outro tipo no que se refire ás mascotas. É o deixamento máis absoluto, afirmou o concelleiro, que informou de que na comisión de Benestar Animal de hoxe a concelleira da área deixou claro que, segundo as súas propias palabras, un contrato de mantemento para os parques caninos son palabras maiores. “É lamentable”, asegurou o concelleiro.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS