Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O SEPE INSTALARÁ A SÚA SEDE EN FERROL SEN COLABORACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL

Ángel Mato: “Cerraron a porta á dinamización do Inferniño, á recuperación de Porta Nova e á reapertura do parking tapiadoˮ

Ferrol, 27 de xuño de 2025.- O Grupo Municipal Socialista denuncia que a implantación da nova sede do SEPE en Ferrol se fará sen ningunha colaboración por parte do goberno local, que non fixo xestión ningunha para facilitar a súa instalación no edificio de Porta Nova, malia estar dispoñible e ter sido ofrecido oficialmente ao Ministerio de Traballo no ano 2022.

O Goberno de España, a través do SEPE, anunciou recentemente a creación da oficina n.º 712, unha oficina de apoio á rede estatal de prestacións, e investiu máis de 1,1 millóns de euros na mellora dos servizos de emprego en Ferrol. A sede definitiva instalarase finalmente no primeiro andar do edificio de Correos, na Praza de Galicia, un inmoble da propia administración estatal.

Desde o grupo socialista considérase que o actual executivo municipal renunciou sen explicacións a unha oportunidade estratéxica para a cidade, ao non defender nin impulsar a opción de Porta Nova, proposta no anterior mandato. Esa localización permitiría revitalizar o barrio do Inferniño, recuperar un inmoble municipal baleiro e mesmo reabrir o aparcadoiro subterráneo, hoxe tapiado, ofrecendo servizos, actividade e aparcadoiro nunha zona central da cidade.

“Frente a unha proposta seria para acoller a sede do SEPE, o Partido Popular puxo sobre a mesa un centro de ocio infantil do que non hai absolutamente nada: nin proxecto, nin idea, só un anuncio electoralista feito en campañaˮ, sinala o voceiro socialista

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes