Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O grupo socialista urxe a Rey Varela a solucionar a situación da sociedade mixta de turismo, que despois de ano e medio, segue sen xerente e sen definir o futuro

A concelleira Eva Martínez pide que se conte coa oposición para definir o modelo de turismo de futuro e considera que levar máis de quince meses nesta situación evidencia “o nulo interese polo sector do PP”

A edila lembra que a ausencia de xerente está evitando o impulso de novas políticas de promoción turística, “máis aló do que se deixou feito no noso mandato”, ou que as oficinas de turismo sigan sen contrato

Ferrol, 3 de maio de 2024.- Dende outubro de 2023. Dezaseis meses teñen pasado dende que o consello de administración da sociedad mixta de turismo de Ferrol -co voto favorable, por certo, da representante socialista neste organismo, Eva Martínez Montero- cesara á súa xerente. Dezaseis meses nos que non se ten dado paso ningún para resolver esta situación, polo que neste tempo a sociede mixta segue funcionando, mais sen persoal máis aló da concelleira de Turismo, que está
exercendo, como ela mesma recoñeceu en varias ocasións en comisión informativas, as tarefas deste organismo que conta con participación público-privada.

O pasado mércores, a sala de Alcaldes acollía un consello de administración co obxectivo de aprobar as contas do ano 2024. Unhas contas que evidencian, segundo dixo a representante
neste organismo polo PSdG-PSOE, “unha situación anómala que se leva arrastrando ano e medio, e a falla de interese do goberno local de Ferrol por un sector, o turismo, que debería ser un dos pilares funadamentais da diversificación económica da nosa cidade”. “Tan pouco lle interesa o turismo que nin o consello formou parte das previsións do día do grupo de goberno municipal”, dixo.

Segundo Eva Martínez Montero, “non existe razón, nin obxectiva nin subxectiva, que explique que en dezaseis meses un goberno que ten maioría absoluta non teña sido quen de solucionar a situación da sociedade mixta, ben poñendo a outra persoa, ou ben buscando unha nova fórmula de xestión do turismo”. “O noso grupo, que xa no noso mandato tentou de mudar á xerente mais nese caso co voto en contra do propio PP, apoiou a Rey Varela cando, en outubro de 2023 decidiu cesar á entón xerente, pero dendo logo que non apoiamos a deixación que se está a facer dende hai tanto tempo, con consecuencias moi negtivas na materia, como a ausencia de iniciativas novas ou a resolución do problema das oficinas de turismo, que levan dende xaneiro de 2024 sen contrato”, manifestou Martínez Montero, para a que, ademais, a falla de información por parte do goberno local con respecto ás xestións levadas ata o momento -se é que se fixeron- agrava aínda máis a situación.

“O absolutismo no que está instalado o goberno de Rey Varela leva a que, tamén neste caso, a oposición non saiba nada sobre o que fixo, e o que pretende facer, o goberno local con respecto
á sociedade mixta de turismo, cando a decisión que adopte -no caso de que se adopte alguna- afectará a gobernos e mandatos futuros”, apuntou a concelleira socialista, que aposta por darle
unha volta ao actual modelo para que, contando coa participación do sector, se poida traballar nun plan de turismo sostible con fondos que procedan non so do Concello e Deputación, como está a suceder. “Non podemos aspirar a que Ferrol se consolide como unha cidade cun turismo como sector estratéxico cando a sociedade que debe xestionar estas políticas, por exemplo, conta con 0,08 persoas empregadas”. “Queremos unha solución xa e queremos participar da mesma”,
concluíu Eva Martínez.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes