O grupo socialista solicita que as marquesiñas de autobús de Serantes e Montecoruto sexan renovadas ao mesmo tempo que as adxudicadas pola Xunta
Ferrol,16 de xaneiro de 2026.- O grupo socialista, a través do seu concelleiro Julián Reina, lamentou que o alcalde incumpra de novo os seus compromisos, neste caso derivado da promesa feita en comisión de atendera petición deste grupo municipal de renovar as marquesiñas de autobuses en Serantes, concretamente a da Avenida 19 de Febreiro, a de Montecoruto e outras solicitadas para diferentes localizacións por todo o municipio.
O concelleiro socialista lembrou que na comisión de Urbanismo do pasado 16 de xullo de 2025, solicitou información ao goberno de Rey Varela sobre un anuncio feito pola Xunta de Galicia que excluía o Concello de Ferrol dun investimento en marquesiñas de autobús que se ía levar a cabo na comarca, afirmando que na propia noticia cuantificaba en 32 as marquesiñas para Neda, 17 para Mugardos, e 16 para Fene, entre outras.
Nese momento, o goberno iasegurou de que tiña información de que o executivo autonómico pretendía asignar 10 destas estruturas ao Concello de Ferrol, ao que Reina Villalón respondeu que non era unha distribución xusta, lembrando ademais que “Ferrol foi castigado pola Xunta de Galicia durante oito anos sen marquesiñas”.
Posteriormente, na comisión de Urbanismo do 5 de novembro, Julián Reina volveu preguntar polo número de marquesiñas de autobús que finalmente se ían asignar a Ferrol, cando estaba previsto o seu subministro e se estaban pechadas as paradas ás que irían destinadas, ao que se respondeu que finalmente serían 12 e que as paradas de destino non estaban decididas.
O grupo socialista, a petición de varias asociacións de veciños, preguntou se sería posible reformar as marquesiñas de autobuses da Avenida 19 de Febreiro enSerantes, xunto ao centro de saúde, e en Montecoruto, entre outras, preguntandose era necesario que as entidades o solicitasen, ao que o goberno de Rey Varela respondeu que non era necesario e que serían incluídas.
Desafortunadamente, na última reunión da comisión de Urbanismo, os representantes do goberno local deron conta das marquesiñas de autobús solicitadas, constatando que as de Montecoruto e Serantes foron excluídas da proposta, incumprindo unha vez máis os compromisos asumidos polo goberno liderado por José Manuel Rey.
Así mesmo, o goberno do PP anunciou que as marquesiñas de autobuses excluídas da solicitude á Xunta construiríanse con recursos municipais mediante contratos menores. O grupo socialista, a este resoecto, solicitou que isto se faga ao mesmo tempo que as concedidas pola Xunta para que a exclusión da proposta non provoque un atraso con respecto ao comprometido.
O grupo socialista expresou a súa decepción por outro incumprimento de promesa por parte dun goberno municipal, “que goberna sen rumbo fixo, sen planificación e a golpe de contratos menores”, afirmou Julián Reina.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS