Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O Grupo Socialista reclama ao goberno do PP a implicación urxente paraesixir á Xunta de Galicia as medidas necesarias que garantan un ensino público de calidade nos centros educativos de Ferrol.

A concelleira Montserrat Dopico denuncia a situación en que se atopan moitos dos CEIPs e IES de Ferrol con carencias tanto nas instalación como na falta de profesorado para atender a diversidade e ao alumnado con necesidades educativas especiais.


Ferrol, 26 de marzo de 2026.- O grupo socialista, a través da concelleira Montse Dopico, denuncia a falta de implicación do goberno do PP para reclamar que a Xunta de Galicia cumpra coas súas obrigas en materia educativa tanto no referente á dotación do profesorado que se precisa para garantir un ensino de calidade como ás infraestructuras en moitos deles.

“Non se pode entender que as obras nos pavillóns deportivos dos CEIPs de Pazos ouJuan de Lángara estean sen rematar a estas alturas de curso -subliñou a concelleria- cando o prazo de execución das mesmas ía de setembro a decembro de 2025”. As choivas foron a excusa que esgrimiu a edil do PP responsable de educación, pero o certo é que o alumnado destes centros non tivo nen ten un pavillón onde poder desenvolver as clase de educación física durante todo o que levamos de curso.

Dentro do mesmo paquete de reformas levado a cabo polo goberno municipal, os socialistas critican a falta dunha supervisión axeitada que deu como resultado o despropósito do pintado das pistas do polideportivo de CEIP Ponzos, onde ao pintar por riba das liñas xa existentes é imposible saber cales son as boas de referencia.

“Outro sinsentido, continua a edil socialista, atopámolo no CEIP de Pazos no que hai dous anos foi instalado un ascensor para dar servicio a alumnado con movilidade reducida que aínda non entrou en funcionamento por carecer das licencias pertinentes”.

Xa non é únicamente que se desatenda ao alumnado que precisa este tipo de infraestruturas, que sen dúbida, é o primordial, máis tamén os investimentos que se fan con cartos públicos e que non chegan a porse en funcionamento por un desleixo inexplicable e absolutamente reprobable.

Asemade, o CEIP Esteiro vén de solicitar a instalación dun ascensor para atender ás necesidades de alumnado deste centro que precisa, entre otras cousas, ter acceso ao comedor situado no primeiro andar da escola…Para cando????

Dende o PSOE de Ferrol esiximos que se tomen as medidas oportunas para que todos os centros de ensino público con máis dun andar conten obrigatoriamente con medidas de accesibilidade que eliminen as barreiras que limitan o acceso á educación inclusiva dos rapaces e rapazas.

E as carencias de profesorado para atender á diversidade, aos nenos e nenas con necesidades educativas especiais???? Por poñer un caso, a comunidade educativa do CEIP Ponzos leva dende o mes de outubro reclamando un PT preferente, que para enterdermos, solicítase en casos nos que unha crianza precisa de atención continua e personalizada. Os informes de inspección son favorables pero a Xunta segue sen dar respostas.


“Certo que non é competencia municipal nen facerse cargo das arquitecturas pedagóxicas nen da dotación de profesorado aos centros de ensino público de Ferrol, subliña Montserrat Dopico, pero que dúbida cabe de que a Xunta de Galicia mima máis a Ferrol cando os gobernos municipais son da mesma cor política. O compromiso coa educación – e tantos outros-, conclúe a concelleira socialista, debería estar por riba deste tipo de consideracións porque polo que todos deberíamos loitar dende o concello é po un ensino público de calidade para os nosos fillos.

O alcalde-senador Rey Varela que presume de que Ferrol “crece en poboación e late con máis forza que nunca” debería ser quen de procurar que eses novos veciños e veciñas teñan garantidos para os seus fillos o dereito básico á unha educación pública de calidade e gratuita recollidos na Constitución, e deixar de festexar como propios os avances dun Ferrol froito da erdanza das corporacións anteriores, máis que lle pese, deixando de lado os verdadeiros problemas que preocupan á ciudadanía.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes