Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA QUE O “PLAN DE BARRIOS”EN CARANZA É UNHA OPERACIÓN DE MAQUILLAXE CON PROXECTOS HERDADOS E PARCHES DE ÚLTIMA HORA

Os socialistas critican que o alcalde se limite a licitar proxectos que o anterior goberno deixou listos, tras telos bloqueados durante tres anos.
Exixen unha solución inmediata para os desprendementos en dous tramos do Camiño Inglés ao seu paso polo barrio, denunciados en medios e ignorados polo executivo.


Ferrol, 27 de marzo de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Ferrol lamentou hoxe que a
estratexia publicitaria do alcalde, José Manuel Rey Varela, se desmonte “en canto un pisa a rúa” e entra en contacto coa realidade de Caranza. Segundo os socialistas, a visita de hoxe non é máis que unha posta en escena para ocultar a falta de iniciativa propia e o atraso de investimentos clave.


Dende o PSOE lembran que actuacións presentadas hoxe como a reforma do centro cívico (cun orzamento de 500.000 euros) , a transformación dos campos de fútbol 8 en fútbol 11 (809.555 euros) ou as obras de accesibilidade en rúas como Sao Paulo ou Armada Española son proxectos que o goberno de Ángel Mato deixou listos. “O único que fixo Rey Varela foi atrasalos tres anos para practicalos agora como se fosen novidades”, sinalan.


En canto aos traballos de mantemento destacados polo concelleiro de Servizos, José Tomé , os socialistas denuncian que os bacheos en avenidas como Castelao ou Ejército Español son “meros parches con aglomerado en frío” realizados a présa para preparar a foto da visita oficial.


O grupo socialista quixo poñer o foco nunha problemática grave que o alcalde evitou mencionar na súa reunión coa AVV de Caranza: o estado do Camiño Inglés. “É inaceptable que, tras saír repetidamente nos medios de comunicación, o goberno local siga sen facer nada para solucionar o problema de desprendementos en dous tramos desta ruta xacobea ao seu paso polo barrio”, denuncian. Para os socialistas, este abandono pon en risco a seguridade dos peóns e a imaxe turística da cidade.

O PSOE instou ao alcalde a que aproveite a súa estancia en Caranza para visitar zonas
degradadas que non figuran no seu plan publicitario:

O Auditorio e o seu aparcamento: Que precisan reparas inmediatas ante o seu evidente deterioro.


O Montón: Unha zona onde o PP prometeu actuacións e que hoxe se converteu nun “punto de almacenamento de residuos de xardinería e sofás”, tras degradar o traballo de recuperación feito polo obradoiro de emprego do anterior mandato socialista.


“Caranza merece investimentos reais e mantemento serio, non unha campaña de marketing baseada en herdanza recibida e asfalto de baixa calidade”, concluíron.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes