Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O grupo socialista denuncia a falta de planificación e a desorganización do goberno local coas obras dos pavillóns dos centros escolares

Os socialistas trasladaron as queixas de familias ás que se lles mudan adestramentos por unhas actuacións sen prazos nin calendario

Ferrol, 19 de setembro de 2025. O grupo socialista critica, unha vez máis, a falta de planificación e a desorganización absoluta nas obras que se están desenvolvendo nos pavillóns de varios centros escolares -ata dez-, o que está a supoñer unha incomodidade manifesta non só aos escolares, senón tamén aos clubes de deporte base que utilizan os pavillóns destes centros e ás familias e nenos e nenas de ditos clubes. Queixas das que deron traslado esta mañá os integrantes desta formación política na comisión informativa de Deportes.

Como denunciaron os socialistas, as obras, que levan meses e meses de retraso, comezaron “no peor momento posible, o inicio do curso escolar e do inicio dos adestramentos e ligas”, e ademais, “os cambios son case no mesmo día, polo que clubes e familias están sufrindo as molestias por carácter doble”.

Para o grupo do PSdeG-PSOE, “é sintomática a falta de coordinación, comunicación e planificación do goberno de Rey Varela, no que cada concelleiro das áreas afectadas -Obras, Educación e Deportes- lanza a pelota ao compañeiro e, ata en tres comisións diferentes, non teñen sido quen de respostar a cuestións tales como prazos e calendario, clubes afectados e data límite de execución das obras”.

Finalmente, os socialistas subliñaron a necesidade de levar a cabo estes traballos, mais quixeron incidir en que estes traballos se deberían ter desenvolvido en verán para non coincidir co periodo lectivo, e, por outra banda, lembraron que “unha vez máis, denunciamos o que está a faver a Xunta, que cando goberna a esquerda non inviste nin un euro na cidade, e cando está o PP, cumpre todas as demandas, mesmo a que nós fixeramos no seu momento e recibiran un non rotundo”. Saúdos, Oficina de Prensa da Agrupación Socialista de Ferrol

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes