O grupo socialista cualifica de ‘chapuza’ a Tramitación do Plan de Mobilidade e acusa ao alcalde de reducir e limitar a participación veciñal na súa redacción
Os socialistas lembran que Ferrol xa perdeu 1,7 millóns pola irresponsabilidade do equipo de José Manuel Rey Varela
Ferrol, 8 de abril de 2025.- O grupo municial socialista no Concello de Ferrol censurou a falta de seriedade e traballo para sacar adiante o Plan de Mobilidade. Así, o concelleiro socialista Julián Reina relatou “os continuos bandazos na tramitación do plan”, afirmando que “non se pode pretender ordear a mobilidade da cidade se non se ten capacidade nin para ordear a tramitación para a aprobación do plan”
Desta forma, os socialistas resumiron que, despois de meses preguntando pola tramitación do plan de mobilidade, debido a que numerosas convocatorias de fondos europeos están condicionados a aprobación do PMUS, a concelleira de Mobilidade entregou na comisión de Urbanismo do pasado 26 de febreiro, fóra da orde do día, un documento. Documento que, segundo as súas propias verbas, non estaba revisado e debía pasar por normalización lingüística, dando a responsable da área un prazo de sete días para facer as achegas que os grupos políticos consideraran oportunas.
Ante esa situación, o grupo municipal socialista solicitou acceder ao informe técnico sobre o plan de mobilidade e ao informe xurídico sobre o procedemento, confirmando que non existía ningún dos informes. Por iso, os socialistas pediron a emisión de ditos informes e a celebración da mesa de mobilidade, como se fixera no mandato anterior para favorecer que o plan teña o máximo respaldo da cidadanía.
Un mes despois, o 26 de marzo, o goberno de Rey Varela, leva de novo o Plan de Mobilidade á Comisión de Urbanismo, esta vez traducido ao galego, pero carecendo de informe xurídico e técnico. Dende o grupo socialista incidiuse na solicitude dos informes e a concelleira comprometéuse a que chegaría o informe xurídco esa mesma semana, e que se convocaría a mesa de mobilidade. Así mesmo, anunciou que a partir de recibir o informe xurídico empezaría a correr o prazo para as achegas.
Unha semana despois, na comisión de 2 de abril, a concelleira informa de que non se vai a enviar o informe xurídico, senón que se emitirá cando se aprobe o documento.
Posteriormente, convocaron unha mesa de mobilidade reducida, sin que estivera presente ningún funcionario para poder levantar acta, e na que suprimiron a maior parte das entidades que formaban parte da mesma dende o 2021. “Entre outras entidades, Rey Varela excluiu da xuntanza a Asociacion de Veciños Cruceiro de Canido, Asociaciación de Veciños Cuco Ruiz de Cortazar (Caranza), COFER, asociacions de hosteleiros, asociacions xuvenís, ASCM, Asociación de Diversidade Funcional, centros educativos, Policía Local, e Consellería de Trasportes, entre outros” reprochou Julián Reina.
“A neglixencia en materia de mobilidad do señor Rey Varela, xa nos costou a todos os ferrolans 1,7 millóns de euros do proxecto para a remodelación da estrada de Castela, e imos camino de unha chapuza ainda maior”, subliñouo concelleiro socialista.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS