O grupo socialista amosa a súa preocupación pola “falta deextratexia turística” e afirma que a ausencia de visión dosector está a reflictir nos resultados de visitantes á cidade
Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Turismo, a formación socialista lembra que o alcalde Rey Varela leva case dous anos sen xerente da sociedade mixta de turismo e coas oficinas municipais funcioando de forma irregular
A concelleira Eva Martínez lamentou que en agosto, e malia o incremento de peregrinos rexistrado e que non para de crecer polo éxito xeral do Camiño, foi inferior ao mesmo mes do ano anterior, con 3.597 fronte aos 3.744 de 2024
Ferrol, 26 de agosto de 2025. Con motivo do Día Mundial do Turismo, o grupo municipal socialista de Ferrol quere facer pública a súa preocupación pola “falta total de estratexia turística” do goberno local do Partido Popular. Para a concelleira Eva Martínez, “levamos case dous anos sen xerente da sociedade mixta de turismo, que a día de hoxe ten cero persoal, e o mesmo tempo coas oficinas municipais funcionando de forma irregular, é dicir, sen contrato”. “E levamos o mesmo tempo preguntando en comisións e plenos pola
resolución destes problemas e mesmo ofrecendo propostas para poder artellar a mellor xestión da política turística, mais a resposta do goberno de Rey Varela non cambia: non hai novidade e a oposición non ten nin voz nin voto para decidir o modelo de dita xestión.
A concelleira socialista asegurou que esta inexistencia de planificación e de visión está a reflictir xa nos datos de visitantes á nosa cidade, como os do mes de agosto. Así, Martínez Montero subliñou que, segundo os datos aportados hai dúas semanas pola propia concelleira da área, María del Carmen García Fraga, en comisión informativa, o número de turistas en agosto pasou de 3.744 a 3.597. Para a edila, o máis relevante é que, malia que os visitantes que veñen a Ferrol a facer o Camiño Inglés continúan crecendo, con 3.036 en agosto de 2025 fronte os 2.905 do mesmo mes doano anterior, o total baixa, “o que, para o nosogrupo, é un síntoma de que non se está facendo nada para promover e incentivar a visita a nosa cidade”.
Esta ausencia total de promoción, limitada a asistencia do Concello a un par de feiras ao
ano, sumada á inexistencia de estratexia e visión turística, tamén ten impacto no tipo de
visita que realizan os peregrinos a Ferrol, posto que aínda que se incrementan lixeiramente -e consonancia cos datos finais- o número de pernoctas, o propio informe realizado polas oficinas de turismo conclúen que a maior parte queda unha única noite na cidade ou mesmo inician a ruta xacobea directamente dende o tren ou o autobús.
“O noso grupo, xa durante o noso goberno, apostou de forma activa polo Camiño Inglés como elemento central da oferta turística, aproveitando o auxe que levan moitos anos experimentando as diferentes rutas xacobeas, buscando para iso fondos, colaborando con diferentes administracións e colectivos -como a hostalería e o comercio-e, en definitiva, xerando unha oferta que xerase en torno ao Camiño Inglés, máis riqueza para Ferrol”, asegurou Martínez Montero, que engadiu que “a Primeira Milla como produto clave para locais, peregrinos e turistas en xeral e actividades en torno a ela, a consecución dun millón de euros para a modernización, mellora e accesibilidade da ruta ou a posta en marcha dun grupo de traballo con representantes de institucións, entidades e colectivos vencellados co Camiño, centraron a nosa actividade, que o Partido Popular ten rachado e eliminado completamente”.
De feito, o goberno local perdeu a subvención europea e, baixo a opinión dos socialistas, “se o número de peregrinos aumenta é polo propio éxito do Camiño e as súas diversas rutas e polo traballo que fan outras institucións, como a Deputación coruñesa”.
Martínez Montero afirmou que o PP non fixo nada novo neste eido e está a vivir do realizado durante o pasado mandato socialista, como a posta en valor do Modernismo, a candiatura de Patrimonio Mundial, a recuperación do Castelo de San Felipe ou a promoción o patrimonio arqueolóxico. “E lonxe de mellorar o feito, Rey Varela está dando pasos atrás”, manifestoua concelleira do PSdeG-PSOE, que lembrou que para o seu grupo, o turismo sustentable é un sector prioritario e extratéxico na diversificación económica de Ferrol
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS