O grupo socialista acusa ao alcalde de facer o maior recorte en mantemento de rúas dos últimos dez anos
Ferrol, 20 de novembro de 2025.- O grupo socialista, a través do seu concelleiro Julián Reina, destacou que o Concello de Ferrol está neste momento sen contrato de mantemento de infraestruturas, é dicir, sen contrato de reparación de beirarrúas e baches, porque “José Manuel Rey non foi quen adxudicar o contrato que anunciou hai meses nos medios de comunicación”. En concreto, “levamos sen contrato desde setembro, cando expirou a última posible prórroga do contrato, que tiña a súa orixe no mandato de Ángel Mato:, explicou.
Ante esta situación, o grupo socialista propuxo que, ata que se adxudicase o novo contrato, o Concello optase por un contrato ponte “para que a cidadanía non sufrise a mala xestión do alcalde”. Esta proposta foi rexeitada na comisión de Urbanismo do pasado xoves polo goberno de Rey Varela, que respostou que non o ían facer e que tiñan unha reserva de 15.000 euros ao mes para reparacións na cidade mediante pequenas intervencións, é dicir, contratos menores que limitan a libre competencia, permitindo que só participen empresas convidadas polo Concello.
O grupo socialista considera que esta non só é unha mala maneira de xestionar o mantemento da nosa cidade, o que se pon de manifesto no aumento do deterioro que se observa en todos os barrios de Ferrol, senón que tamén esta cantidade supón un recorte significativo ao que se investira anteriormente.
Reina sinalou que simplemente con analizar a última prórroga concedida á empresa prestadora deste servizo, vemos como no trimestre de setembro a decembro do ano 2024 había unha previsión de 250.000 euros, o que supón case 85.000 euros ao mes.
O concelleiro indicou que, tal e como se pode ver nas actas das comisións, o goberno actual decidiu destinar 15.000 euros ao mes, “o que non só é insuficiente, senón que tamén é simplemente unha escusa do alcalde para ver se ninguén se decata da situación e para dicir que aínda ten cartos para arranxos”.
Julián Reina atribuíu a situación a ter un alcalde “a tempo parcial que compaxina a Alcaldía coas súas responsabilidades no Senado”. “O que non entendemos é que se non lle interesa gobernar, tampouco quera escoitar a unha oposición que busca colaborar co seu goberno para compensar as ausencias do alcalde”, afirmou.
Por todos estes motivos, o concelleiro solicitou que se emitise un contrato de urxencia cos fondos axeitado
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS