O GOBERNO DO PP EN FERROL LEVA 2 ANOS SEN TRAMITAR O CONTRATO DE DESRATIZACIÓN
Para o concelleiro Germán Costoya, esta situación e consecuencia de ter un Alcalde a tempo parcial
O edil asegurou que o goberno do PP leva dous anos cos os pregos sobre a mesa para a contratación do servizo de desratización
Ferrol, 18 xuño de 2025.- O grupo municipal socialista acusou ao goberno local do PP de Ferrol de deixar de lado os asuntos do día a día da cidade, como acontece coa situación do servizo de desratización.
A este respecto, o concelleiro Germán Costoya lembrou que a problemática da desratización non é nova na nosa cidade, e a falta dun contrato que estabilice o servizo xa ven de lonxe, pero, como detsacou, no anterior mandato quedou redactado o prego técnico para poder tramitar a súa contratación con rapidez. “O alcalde sábeo dende que tomou posesión do cargo, hai xa dous anos, pero o goberno do PP de Rey Varela decidiu que regularizar este servizo para poder prestalo de maneira óptima non era prioritario”, sinalou Costoya.
O grupo socialista insistiu en numerosas ocasións para que se tramitara a regularización deste servizo, pero o goberno do PP nunca lle deu prioridade, e a realidade é que en dous anos non se ten feito nada, tal e como queda demostrado en moitas comisións, que se relatan a continuación:
19/09/2023.- A concelleira responsable, María del Carmen García Fraga, manifesta que “quere regularizar o contrato da empresa, e que está encima do tema”. A proposta de Costoya, García Fraga “toma nota” para que o servizo se preste dous días á semana e non só un.
16/01/2024.- A concelleira informa que o contratación “está igual que estaba”.
23/01/2024.- A García Fraga informa que de momento “non tivo ocasión de revisar o prego de desratización, debido a motivos de saúde da técnica responsable”.
05/03/2024.- A Sra. García Fraga informa que o contrato “segue igual”.
16/04/2024.- Ante a insistencia do concelleiro socialista Germán Costoya, a concelleira responsable contesta que a contratación “está igual e que próximamente terá unha reunión coa técnica de medio ambiente”.
07/05/2024.- A concelleira informa de que “xa se celebrou a xuntanza coa xefa de Medio Ambiente e co xefe do Negociado de Sanidade e estase a traballar enriba dos pregos e en canto se poida daráselles o pulo final para continuar co trámite que corresponda”.
28/05/2024.- García Fraga afirma que o contrato de desaratización “de momento, está igual”.
18/06/2024.- A concelleira agradece a proposta de Germán Costoya de que cando menos nos meses de verán se duplican os servizos para atender as queixas neste asunto.
10/12/2024.- O goberno informa de que “a pretensión da concellería é tramitar o contrato de desratización no 2025”.
11/02/2025.- Como resposta ao estado no que está a tramitación do contrato de desratización, García Fraga responde que “non hai novidade”.
Ante isto, o grupo socialista cuestiona que Rey Varela faga manifestacións como as seguintes:
– “Preocupación alta, acción inmediata”. Como afirman os socialista, trátase dun problema que existe dende o inicio do mandato, e neste tempo tan só se levaron a cabo as propostas do concelleiro socialista de Germán Costoya nas comisións.
– “Se está traballando para que este mes se poida iniciar o prego de prescripcións técnicas do novo contrato de desratización”. O GMS subliñou que o PP de Ferrol ten enriba da súa mesa o prego dende hai dous anos.
– “Se unha cidade non coida as cousas do día a día non é unha gran cidade”. Como apuntou Costoya, “afortunadamente Ferrol é unha gran cidade malia ter un alcalde a tempo parcial, pero é evidente que o goberno do PP non coida as couas do día a día”.
– “Os veciños merecen a maior das calidades”. A este respecto, os socialistas aseguran que o goberno de Rey Varelanon está a atender as súas problemáticas diadias. “Os veciños e veciñas tamén merecen un Alcalde que teña adicación absoluta á cidade”, afirmou o edil do PSdeG-PSOE, para o que “non se pode falar con máis demagoxia, xa que pasados dous anos vemos que Ferrol ten un alcalde a medias e iso nótase no día a día da cidade”.
“Non se pode ser alcalde dunha gran cidade coma Ferrol, e ao tempo estar no Senado en Madrid e organizando eventos do PP, concluío o concelleiro socialista.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS