O desleixo do goberno de Rey Varela deixa a Ferrol fóra do programa Dinamiz-ARTj incluido na Rede Cultural do Instituto para a Transción Xusta.
Por segundo ano consecutivo, o concello de Ferrol renuncia a solicitar a inclusión da cidade nesta iniciativa que vén sendo un complemento cultural e lúdico.
O Grupo Socialista censura que o goberno local renuncie a esta iniciativa cultural da que se van beneficiar outros dez concellos de Ferrolterra.
Ferrol, 30 de agosto de 2025. “É verdadeiramente lamentable que a nula xestión do goberno dos populares deixe fóra a Ferrol, por segundo ano consecutivo, do programa Dinamiz-ARTj” criticou a edil Montserrat Dopico. Este programa, incluido na Rede Cultural do Instituto para a Transición Xusta e xestionado pola Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN) ten como obxectivo beneficiar aos territorios implicados no proceso de transición enerxética – do que Ferrol forma parte, polo impacto do tránsito do carbón sobre as súas infraestructuras portuarias – a través da xeración dunha oferta cultural ampla contribuindo á difusión e promoción das artes escénicas por medio de actuacións e actividades artísticas ofrecidas por artistas españois ou residentes en España.
Os socialistas subliñan que isto non fai máis que evidenciar outra oportunidade que perde a cidade de dinamizar a actividade cultural – que sempre é pouca, con espectáculos que dan vida a espacios escénicos locais alternativos como prazas, parques e mesmo teatros nesta última convocatoria, para todos os públicos e gratuitos que se desenvolverán a partires do mes de setembro en 15 concellos da provincia de A Coruña que si o solicitaron.
Segundo denunciou hoxe a concelleira socialista, isto demostra “a incapacidade da xestión dos populares que con 13 concelleiros e 11 asesores non son quen de solicitar a inclusión de Ferrol nun programa que dinamiza a actividade cultural a coste cero para as arcas municipais”.
Por outra banda, a piques de comenzar o último cuadrimestre cultural do ano, “sería desexable que se actualizasen as redes culturais do concello, que se contara cunha páxina de cultura dinámica e accesible e mesmo se activasen as canles necesarias para poñer ao día a programación que moitas veces non chega á xente por descoñecemento”, incidiu Montse Dopico, “así como a posta á venda das entradas para os espectáculos coa suficiente antelación e non tres ou catro días antes do mesmo”.
“A xestión cultural é fundamental nunha cidade, como as festas; e ten que haber cultura para todos os gustos, como tamén nas festas ten que haber espectáculos para todos os gustos e para todos os públicos. Gastar máis non significa facelo mellor” conclúe a concelleira socialista “porque os cartos, veñan de onde veñan son de todos nós e o que a ciudadanía espera dos políticos que os xestionan que o fagan con sentidiño”, sinalou.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS