Skip to content

Galego

¡Síguenos!

noticias

O Grupo Municipal Socialista rexeita a ubicación do novoskatepark no Parque de Antón Varela

Ángel Mato: “Hai que facer política dende o respecto: á memoria, aos espazos verdes e á veciñanzaˮ Ferrol, 11 de xuño de 2025.- O Grupo Municipal Socialista de Ferrol expresa o seu firme rexeitamento á decisión do goberno local de construír un novo skatepark no Parque de Antón Varela, no barrio de Canido. Esta actuación …

Ángel Mato valora que co BAC Navantia terá seis barcos nasgradas “e outro motivo para construír o dique cuberto”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista sinalou que o vindeiro ano entrará en funcionamento a fábrica dixital de bloques e que o próximo paso para completar a modernización do estaleiro debe ser apostar por un investimento que o equiparará ás instalacións máis punteiras do mundoFerrol, 11 de xuño. O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ángel …

Mato esíxelle á Xunta que deixe de adiar a implantación do polo de renovables en Ferrol

O portavoz do Grupo Municipal Socialista recordou que, tras múltiples promesas, acordos parlamentarios e partidas orzamentarias, “a cidade segue á espera” Denunciou que, desde que el mesmo lle presentou o proxecto ao Goberno galego, a finais de 2021, e do compromiso de Feijoo, en 2022, “non se deu nin un só paso” Ferrol, 4 de …

Ángel Mato reclama un ferrocarril que conecte Ferrol co eixo atlántico en media hora: “Non nos valen simples remendos na liña”

O portavoz socialista no Concello lamentou a “total falta de ambición” do alcalde e da Xunta, que optaron por trasladarlle ao Goberno central unha petición “de mínimos” “O plan do PP fai inviable un tren competitivo, porque seguiría tardando máis que o coche e que o autobús”, advertiu tras a reunión de hoxe co Ministerio …

O GOBERNO DE REY VARELA SEGUE SEN EXECUTAR O ORZAMENTO

Só se executou un 2,1 % dos investimentos reais no primeiro trimestre de 2025 “Rey Varela presume de aprobar orzamentos, pero é incapaz de executalosˮ, denuncia Rafael Fernández Ferrol, 21 de maio de 2025. O Grupo Municipal Socialista volve alertar sobre a grave situación de parálise na xestión do Concello de Ferrol baixo o goberno …

Mato celebra que o Goberno incremente ata os 700 millóns de euros o investimento para o novo buque loxístico da Armada

O BAC que substituirá ao Patiño sumará catro anos máis de carga de traballo para o estaleiro de Ferrol Tal como avanzou o portavoz socialista en marzo, a orde de execución do barco asinarase o mes que ven Ferrol, 16 de maio de 2025. O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ángel Mato, valorou hoxe como …

O Grupo Socialista denuncia que Ferrol queda fóra das axudas climáticas por culpa dun goberno ausente e dunha maioría absoluta incapaz

Os socialistas lembran que xa preguntaron na comisión de Medio Ambiente pola solicitude destas axudas sen obter resposta do goberno local. Germán Costoya: “O goberno local nin traballa nin responde; Ferrol perdeu fondos clave por pura desidia”. Ferrol, 13/05/2025.- O Grupo Municipal Socialista denuncia a exclusión de Ferrol da resolución definitiva das axudas do programa …

Rey Varela presume de pagar antes, pero non goberna e contrata moito menos

“Baixar o PMP deixando de contratar non é boa xestión, é abandono disfrazado de eficienciaˮ Rafael Fernández Beceiro, concelleiro socialista Ferrol, 8 de maio de 2025.- O Grupo Municipal Socialista de Ferrol denuncia que o goberno de Rey Varela utiliza os datos do Período Medio de Pago (PMP) como escusa para ocultar a súa absoluta …

O grupo socialista urxe a Rey Varela a solucionar a situación da sociedade mixta de turismo, que despois de ano e medio, segue sen xerente e sen definir o futuro

A concelleira Eva Martínez pide que se conte coa oposición para definir o modelo de turismo de futuro e considera que levar máis de quince meses nesta situación evidencia “o nulo interese polo sector do PP” A edila lembra que a ausencia de xerente está evitando o impulso de novas políticas de promoción turística, “máis …

O PSOE e a UGT celebran en Ferrol un 1º de Maio marcado polo compromiso co emprego, a industria e a dignidade laboral

Ferrol, 1 de maio de 2025 Durante o acto, destacouse o momento esperanzador que vive a comarca grazas á construción das fragatas F-110 en Navantia, cun investimento de 4.325 millóns de euros e a creación de ata 9.000 empregos directos e indirectos. A próxima adxudicación dun buque de aprovisionamento de combate sumará outros 1.800 empregos …