Skip to content

Galego

¡Síguenos!

COMUNICADO

O Grupo Municipal Socialista de Ferrol quere expresar o seu máis sentido pesar polo grave incendio ocorrido esta mañá no barrio de Recimil, no que un bombeiro e tres veciños, entre os que se atopa un menor, resultaron feridos de gravidade.

Queremos lamentar profundamente este suceso, que conmocionou á nosa cidade, e trasladar o noso máis sincero apoio e solidariedade ás familias afectadas.

Os servizos de emerxencia dispoñibles actuaron con dilixencia e profesionalidade para controlar o incendio e atender ás persoas feridas.

Desde o Grupo Municipal Socialista desexamos unha pronta e completa recuperación a todas as persoas que sufriron danos e queremos poñer en valor o traballo incansable dos servizos de emerxencia que, unha vez máis, demostraron a súa entrega en situacións de extrema gravidade.

Agardamos que goberno municipal nos vindeiros dias poña os recursos necesarios para aclarar o acontecido e evitar que suceda no futuro.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes