Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Ángel Mato valora que co BAC Navantia terá seis barcos nasgradas “e outro motivo para construír o dique cuberto”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista sinalou que o vindeiro ano entrará en funcionamento a fábrica dixital de bloques e que o próximo paso para completar a modernización do estaleiro debe ser apostar por un investimento que o equiparará ás instalacións máis punteiras do mundo
Ferrol, 11 de xuño. O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ángel Mato, valorou hoxe que o Goberno cumprise os prazos que a ministra de Defensa, Margarita Robles, lle avanzou durante a reunión que ambos mantiveron en Madrid o pasado marzo, e que onte asinase a orde de execución do novo buque de aprovisionamento en combate (BAC) que substituirá ao Patiño.


O tamén secretario xeral da Agrupación Socialista ferrolá sinalou que, con este novo pedido, súmanse catro anos de carga de traballo no estaleiro, inmerso xa na construción das F-110. “Aos máis de 4.000 millóns de investimento nas cinco fragatas únense agora os 650 que se van destinar ao BAC, de modo que as contas de Navantia van recibir un novo impulso”, resaltou.
Para Mato, o “momento histórico” no que se atopa o estaleiro ferrolán, con tres barcos en construción, que serán xa catro a principios do vindeiro ano e se incrementarán ata seis durante os seguintes, facilita que se complete a modernización das súas instalacións para equiparalas ás máis punteiras do mundo. “O novo buque é outro motivo máis para apostar pola construción do dique cuberto”, destacou o portavoz socialista, que lembrou que en 2026 debe entrar en servizo a fábrica dixital de bloques. “O dique ten que ser o seguinte paso”, insistiu.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes