Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Xunta de Galicia

O PSdeG esixirá no Parlamento analíticas da auga tras a rotura da balsa da mina de Monte Neme

O PSdeG esixirá no Parlamento de Galicia que Augas de Galicia realice analíticas da auga na contorna afectada pola rotura da balsa da mina de Monte Neme, co obxectivo de comprobar se existe contaminación. A demanda baséase en que nesta zona se extraeu volframio no pasado e en que a auga afectada desemboca no mar, …

O Grupo Parlamentario Socialista lamenta que a Xunta confirmara hoxe que non vai haber Centro de Día para maiores no Sanatorio de Paraxón (Oza-Cesuras)

PSdeG.- A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de levar 13 anos enganando aos veciños e veciñas de Oza – Cesuras porque non van construír un centro de día para maiores no antigo sanatorio do Paraxón. Así o dixo logo de que o xerente …

O PSdeG denuncia no Parlamento a “situación dramática lamentable” das vivendas do IVS nas Telleiras de Narón tras trece anos de abandono

O deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, denunciou este martes na Cámara a “situación dramática” que viven as familias das vivendas de promoción pública do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na rúa Telleiras de Narón, onde levan trece anos convivindo con humidades, filtracións e mofo sen que a Xunta de …

O PSdeG esixe unha reforma integral do colexio Labarta Pose de Zas

O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia levará ao Parlamento galego a situación dos Centros Escolares de Zas, no concello de Zas, do CEIP Labarta Pose, e do CPI de Zas ante as “deficiencias estruturais e de mantemento” que, segundo indican, afectan á seguridade, ao benestar e á calidade educativa do alumnado e do persoal docente. …

O PSdeG-PSOE de Malpica esixe á Xunta que restableza o servizo médico no centro de Buño

O Centro Médico de Buño vese afectado por unha redución do servizo de medicina de familia, segundo se recolle en diversas queixas de usuarios e usarias. Actualmente, a atención préstase únicamente de 9:00 a 11:00 horas, en contraste co horario habitual que ía de 8:00 a 14:00 horas. Ademais, non se están asignando citas con …

O PSdeG esixe á Xunta corrixir as deficiencias nas liñas de transporte público de Betanzos

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia as deficiencias nas liñas de autobús de Betanzos, reclamando que se investiguen as causas das incidencias rexistradas e que se repoñan as frecuencias eliminadas. “As veciñas e veciños de Betanzos seguen a padecer as deficiencias, un día tras outro, do transporte público”, afirma a parlamentaria socialista Silvia Longueira. …

O PSdeG denuncia do “colapso absoluto” das urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

O PSdeG denuncia no Parlamento de Galicia “o colapso absoluto das urxencias do hospital Arquitecto Marcide en Ferrol, o hospital de referencia para toda a comarca”. O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que “este colapso tamén se provoca por causa dun colapso previo de atención primaria”, logo de que se desen a coñecer “noticias absolutamente …

O PSdeG denuncia o “estado lamentable” no que se atopa o CPI de Zas

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia o “estado lamentable” do CPI de Zas e rexistra unha iniciativa parlamentaria para esixir solucións a esta problemática por parte da Xunta de Galicia. A parlamentaria socialista Patricia Iglesias mantivo unha serie de reunións coa voceira socialista en Zas, Sheila Rial, na que a zaseira trasladoulle á deputada …

O PSdeG levará ao Parlamento galego a falla de profesorado de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia a falla de profesorado de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol, logo de que non se cubrisen as vacantes por xubilación de docentes desta asignatura en varios institutos de Galicia. O parlamentario socialista Aitor Bouza calificou esta situación de “nova falta de respecto da Xunta de Galicia …

O PSdeG-PSOE reclama á Xunta a construcción dun centro de día en Noia

O PSdeG-PSOE trasladará ao Parlamento de Galicia a petición do Concello de Noia para a construción dun centro de día para as persoas maiores da localidade. Así o anunciou a deputada socialista, Patricia Iglesias, tras unha reunión institucional co alcalde, Francisco Pérez, que tivo lugar esta mañá. Durante o encontro, o alcalde expuxo a necesidade …

O PSdeG volverá reclamar no Parlamento galego que a Xunta reciba e escoite aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume

O PSdeG-PSOE participou na concentración convocada hoxe fronte á delegación territorial da Xunta de Galicia en Ferrol polas asociacións de propietarios e propietarias de parcelas nas fragas do Eume, co obxectivo de amosar apoio ás súas reivindicacións.  O secretario xeral do PSdeG provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, subliñou a súa vontade de “acompañar, respaldar e apoiar aos propietarios das fragas do Eume nas que entendemos que son as súas xustas reivindicacións, que facemos nosas como partido”. “Tamén para defender as propias reivindicacións que temos os concellos como …

O PSdeG denuncia que o novo Plan de Transporte Público ignora as alegacións presentadas pola veciñanza de Rianxo

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que a Xunta “está impoñendo un novo plan de transporte público sen escoitar aos afectados e afectadas das parroquias de Rianxo á hora de definir os itinerarios e as frecuencias dos buses”. Para a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, a Xunta “volve dar as costas á veciñanza da comarca …

O PSdeG denuncia no Parlamento que “O PP non cumpre a súa promesa de facer unha residencia de maiores en Oroso”

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que “o PP non cumpre a súa promesa de facer unha residencia de maiores en Oroso”. Sinalouno o deputado Aitor Bouza logo de que o goberno autonómico respondese por escrito a unha pregunta neste sentido formulada polo Grupo Parlamentario Socialista. Sería “unha residencia para maiores que foi reclamada …

O PSdeG reclama un transporte digno entre A Coruña e Ferrol logo de que numerosas persoas quedaran tiradas nas estacións de autobuses

O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia condicións dignas para a liña de autobús entre A Coruña e Ferrol. Segundo explica o parlamentario socialista Aitor Bouza, “nos últimos días, por desgraza, volvimos ver como usuarios e usuarias do transporte público por estrada quedaban tiradas nas propias estacións”. “Dende o Partido Socialista non imos quedar calados …

O PSdeG lamenta profundamente o voto en contra de Rueda ás emendas orzamentarias para garantir os dereitos dos propietarios das Fragas do Eume

O PSdeG lamenta o voto en contra do Partido Popular liderado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ás emendas presentadas polo Grupo Socialista aos orzamentos para o 2026, nas que se solicitaba a incorporación dunha partida específica para garantir as reivindicacións das persoas propietarias das Fragas do Eume.  Desde o partido socialista consideran que esta decisión “evidencia o absoluto desprezo do Goberno galego polos dereitos dos propietarios e propietarias das Fragas do Eume”, así como “é un …