Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG denuncia o abandono do CEIP Virxe do Portal de Sobrado por parte da Xunta de Galicia

  • Silvia Longueira leva o estado do centro ao Parlamento de Galicia logo dos 3 días nos que as familias non levaron o alumnado ao centro

O PSdeG-PSOE denuncia o abandono do CEIP Virxe do Portal de Sobrado por parte da Xunta de Galicia, en apoio á folga de 3 días que levaron adiante as familias do alumnado do centro.

Silvia Longueira, deputada no Parlamento galego, preguntará na cámara pola situación do colexio, despois de que as familian non levasen os seus fillos e fillas a clase durante os días 7, 8 e 9 de abril.

“O CEIP de Sobrado dos Monxes está nun estado absolutamente lamentable”, sinala Longueira, que salienta que a folga se produciu “en sinal de protesta por como se atopan as instalacións”.

“Construído no ano 79, ata o dia de hoxe, apenas a Xunta de Galicia investiu nel escasos euros”, lamenta a parlamentaria socialista. “As humidades, as pingueiras e os fallos estruturais están deixando a imaxe dun CEIP absolutamente abandonado”, engade. O Grupo Parlamentario Socialista insta á Xunta a realizar de urxencia as reformas necesarias para que non chova dentro das dependencias do CEIP Virxe do Portal, non entre o frío polas xanelas e arranxen a saída de fumes da cociña do centro. Tamén insta a realizar para o próximo curso un plan de investimento en infraestruturas no mesmo.


Silvia Longueira – CEIP Sobrado – abr26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes