Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Xunta de Galicia

Silvia Longueira acusa á Xunta de “non defender fondos e parcelas públicas” ante o risco de non perder 10 millóns de euros en Xuxán

A deputada socialista no Parlamento galego, Silvia Longueira, acompañada polo eurodeputado Nicolás González Casares, mantivo un encontro cos cooperativistas de Xuxán para analizar a situación do proxecto das 214 vivendas de alugueiro social e o risco de perder 10 millóns de euros en fondos Next Generation debido aos atrasos na súa execución. Galivivienda, sociedade cooperativa …

O PSdeG reclama axudas directas da Xunta de Galicia ao sector marisqueiro da ría de Ferrol “de maneira inmediata”

O PSdeG-PSOE reclama axudas directas da Xunta de Galicia ao sector marisqueiro da Ría de Ferrol logo da reclasificación como zona C de boa parte do banco marisqueiro das Pías. Así o sinalou o deputado no Parlamento galego Aitor Bouza, que explicou que INTECTMAR detectou nas súas análises “niveis de contaminación que eran incompatibles co …

O PSdeG reclama unha rehabilitacion integral do CPI de Zas

O PSdeG-PSOE de Zas reuniuse no Parlamento de Galicia co Grupo Parlamentario Socialista para trasladarlle as demandas da comunidade educativa do CPI de Zas, despois de reunirse coa ANPA de dito centro.  A voceira socialista de Zas, Sheila Rial, participou na reunión xunto á deputada Patricia Iglesias e o deputado Aitor Bouza, coa fin de …

O PSdeG reclama máis medios para o servizo de comedor escolar en Bergantiños e a Costa da Morte

O PSdeG-PSOE reuníuse en Carballo con cociñeiras e cociñeiros do servizo de comedor escolar de Bergantiños e da Costa da Morte, amosando apoio ás súas reivindicacións. Participaron na xuntanza os membros do Parlamento galego Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, así como Lois Carballido, secretario de educación da executiva provincial, e José Manuel Pérez Abelenda, …

O PSdeG defende a educación pública e acompaña á comunidade educativa de Rianxo na súa loita

Os socialistas da provincia participaron esta mañá na concentración convocada pola Coordinadora de ANPAS en Rianxo, unha mobilización que reuniu a familias, alumnado e profesorado en defensa da educación pública e en contra dos recortes que a Xunta de Galicia está a aplicar nos centros educativos da comarca do Barbanza. A marcha partiu do peirao …

O PSdeG denuncia os recortes na educación pública en Ribeira e participa na mobilización do CEIP O Grupo

Os deputados socialistas Aitor Bouza e Patricia Iglesias, e o voceiro do PSdeG en Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, participaron este venres na mobilización convocada pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP O Grupo de Ribeira. A protesta desenvolveuse diante do centro para denunciar os recortes aplicados polo Goberno autonómico e reclamar unha …

O PSOE de Cambre esixe unha nova liña de autobús para o IES Alfonso X O Sabio e profesorado de apoio no CEIP de Sigrás

O PSdeG-PSOE de Cambre esixe unha nova liña de autobús para o alumnado do IES Alfonso X o Sabio e a dotación do profesorado de apoio necesario no CEIP de Sigrás e no resto dos centros educativos do municipio. O Grupo Municipal Socialista levará dúas mocións ao pleno municipal para tratar estas cuestións, co obxectivo …

O PSOE da Laracha denuncia retrasos de ata 3 anos no recoñecemento do grao de discapacidade de veciños e veciñas do municipio

O PSdeG-PSOE da Laracha presentará no pleno municipal unha moción que insta á Xunta de Galicia a axilizar os procesos de recoñecemento do grao de discapacidade. Inés Ramos López, voceira socialista local, denuncia que estes “teñen uns tempos de demora inadmisibles, que converten a espera espera nun tempo de incertidume e inquedanza”, “Veciños deste Concello …

O PSOE de Carral apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP Vicente Otero Valcárcel e as súas mobilizacións

-As familias maniféstanse ás 9:00 horas na entrada do centro educativo O PSdeG-PSOE de Carral amosa o seu apoio ás reivindicacións da ANPA do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel, que reclama mestres especialistas en atención á diversidade e persoal coidador entre outras necesidades. Este apoio chega con motivo da manifestación convocada na entrada do centro …

O PSdeG denuncia a “utilización caciquil” que a Xunta fai dos recursos destinados ao mantemento dos centros educativos

–Silvia Longueira levará ao Pleno do Parlamento da próxima semana a “situación lamentable” do CEIP Francisco Vales Villamarín e dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas de Betanzos, provocada polo desleixo da Consellería de Educación –A alcaldesa brigantina, María Barral, reclamoulle ao goberno galego que arranxe “as carencias estruturais e de salubridade” que presentan os …

O PSOE critica en Ferrol que o PP non apoie a resposta á crise dos aranceis: “parece que á Xunta lle interesa máis confrontar co Goberno do Estado”

-“Non ten que convirlles a eles, senón que son medidas que conveñen ós distintos sectores galegos que se van ver afectados”, sinala Montse García Chavarría, deputada no Congreso O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña celebrou, na sede do partido en Ferrol, unha rolda de prensa sobre a resposta do Goberno central á crise dos aranceis. Montse …

O PSdeG reclámalle á Xunta que tome medidas para facer fronte á crise dos aranceis en colaboración co Goberno central

-Obdulia Taboadela, deputada no Congreso, sinala que “o Goberno de España reaccionou rápido a esta crise dos aranceis, mobilizando 14.100 millóns de euros para axudas” -“Este decreto que presenta o Goberno central tamén é fundamental e necesario para as empresas galegas”, subliña o parlamentario autonómico Julio Abalde O PSdeG-PSOE Provincial celebrou unha rolda de prensa …

O PSdeG alerta de que a Xunta deixa a Narón sen ambulancias polas noites

O deputado Julio Abalde e o portavoz socialista no Concello, Jorge Ulla, advertiron que a partir das nove da tarde o oitavo municipio de Galicia por número de habitantes queda sen vehículos asistenciais, e esixíronlle a Rueda que poña fin a esa situación Criticaron que concellos con similar poboación contan con ata dúas ambulancias básicas …

O PSOE esixe á Xunta que actúe de inmediato para reparar os danos provocados polo temporal no CPI O Cruce de Cerceda

-O secretario provincial Bernardo Fernández e a deputada Silvia Longueira participaron na concentración convocada polas familias e avanzaron que levarán a cuestión ao Parlamento galego O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña esixe á Xunta de Galicia que actúe de inmediato para reparar os danos provocados polo temporal Martiño no CPI O Cruce de Cerceda. Así o …

O PSOE de Coristanco insta á Xunta de Galicia a incluír obras no municipio nos seus orzamentos

-Reclama a construción de dúas sendas, melloras no colexio Canosa-Rus, e compromisos para a creación do polígono industrial O Grupo Municipal Socialista de Coristanco presenta unha moción para instar á Xunta de Galicia a incluír diversas obras no municipio nos seus orzamentos para 2025. En palabras do voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, “vemos …