Tag: Xunta de Galicia
O PSdeG denuncia do “colapso absoluto” das urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol
O PSdeG denuncia no Parlamento de Galicia “o colapso absoluto das urxencias do hospital Arquitecto Marcide en Ferrol, o hospital de referencia para toda a comarca”. O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que “este colapso tamén se provoca por causa dun colapso previo de atención primaria”, logo de que se desen a coñecer “noticias absolutamente …
O PSdeG denuncia o “estado lamentable” no que se atopa o CPI de Zas
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia o “estado lamentable” do CPI de Zas e rexistra unha iniciativa parlamentaria para esixir solucións a esta problemática por parte da Xunta de Galicia. A parlamentaria socialista Patricia Iglesias mantivo unha serie de reunións coa voceira socialista en Zas, Sheila Rial, na que a zaseira trasladoulle á deputada …
O PSdeG levará ao Parlamento galego a falla de profesorado de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol
O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia a falla de profesorado de latín no IES Concepción Arenal de Ferrol, logo de que non se cubrisen as vacantes por xubilación de docentes desta asignatura en varios institutos de Galicia. O parlamentario socialista Aitor Bouza calificou esta situación de “nova falta de respecto da Xunta de Galicia …
O PSdeG-PSOE reclama á Xunta a construcción dun centro de día en Noia
O PSdeG-PSOE trasladará ao Parlamento de Galicia a petición do Concello de Noia para a construción dun centro de día para as persoas maiores da localidade. Así o anunciou a deputada socialista, Patricia Iglesias, tras unha reunión institucional co alcalde, Francisco Pérez, que tivo lugar esta mañá. Durante o encontro, o alcalde expuxo a necesidade …
O PSdeG volverá reclamar no Parlamento galego que a Xunta reciba e escoite aos propietarios e propietarias das Fragas do Eume
O PSdeG-PSOE participou na concentración convocada hoxe fronte á delegación territorial da Xunta de Galicia en Ferrol polas asociacións de propietarios e propietarias de parcelas nas fragas do Eume, co obxectivo de amosar apoio ás súas reivindicacións. O secretario xeral do PSdeG provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, subliñou a súa vontade de “acompañar, respaldar e apoiar aos propietarios das fragas do Eume nas que entendemos que son as súas xustas reivindicacións, que facemos nosas como partido”. “Tamén para defender as propias reivindicacións que temos os concellos como …
O PSdeG denuncia que o novo Plan de Transporte Público ignora as alegacións presentadas pola veciñanza de Rianxo
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que a Xunta “está impoñendo un novo plan de transporte público sen escoitar aos afectados e afectadas das parroquias de Rianxo á hora de definir os itinerarios e as frecuencias dos buses”. Para a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, a Xunta “volve dar as costas á veciñanza da comarca …
O PSdeG denuncia no Parlamento que “O PP non cumpre a súa promesa de facer unha residencia de maiores en Oroso”
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que “o PP non cumpre a súa promesa de facer unha residencia de maiores en Oroso”. Sinalouno o deputado Aitor Bouza logo de que o goberno autonómico respondese por escrito a unha pregunta neste sentido formulada polo Grupo Parlamentario Socialista. Sería “unha residencia para maiores que foi reclamada …
O PSdeG reclama un transporte digno entre A Coruña e Ferrol logo de que numerosas persoas quedaran tiradas nas estacións de autobuses
O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia condicións dignas para a liña de autobús entre A Coruña e Ferrol. Segundo explica o parlamentario socialista Aitor Bouza, “nos últimos días, por desgraza, volvimos ver como usuarios e usuarias do transporte público por estrada quedaban tiradas nas propias estacións”. “Dende o Partido Socialista non imos quedar calados …
O PSdeG lamenta profundamente o voto en contra de Rueda ás emendas orzamentarias para garantir os dereitos dos propietarios das Fragas do Eume
O PSdeG lamenta o voto en contra do Partido Popular liderado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ás emendas presentadas polo Grupo Socialista aos orzamentos para o 2026, nas que se solicitaba a incorporación dunha partida específica para garantir as reivindicacións das persoas propietarias das Fragas do Eume. Desde o partido socialista consideran que esta decisión “evidencia o absoluto desprezo do Goberno galego polos dereitos dos propietarios e propietarias das Fragas do Eume”, así como “é un …
O PSdeG leva ao Pleno municipal de Cariño unha moción para esixir á Xunta un transporte público digno e coordinado no Ortegal
O Grupo Municipal Socialista de Cariño defenderá no Pleno municipal previsto para finais deste mes de xaneiro unha moción para reclamar á Xunta de Galicia unha mellora inmediata e unha planificación seria do transporte público interurbano na comarca do Ortegal. A iniciativa nace dunha constatación clara: a mobilidade non pode depender de ter coche propio …
O PSdeG denuncia que a Xunta “esquece a Cariño” nos seus Orzamentos para 2026
O PSdeG-PSOE denuncia que o goberno da Xunta de Galicia “esquece a Cariño” nos seus orzamentos para o vindeiro ano 2026, nos que “non se contempla ningún investimento ou a posta en marcha de novos servizos no municipio”. O voceiro socialista en Cariño, Jonathan Miranda, lembra que o Grupo Parlamentario Socialista realizou no Parlamento galego …
O PSdeG denuncia as condicións “indignas” do Centro de Saúde de Carral e reclama un novo
O Grupo Socialista no Parlamento galego denuncia as condicións “indignas” do Centro de Saúde de Carral e reclámalle á Xunta de Galicia a construción dun novo, tal e como foi prometido polo alcalde da localidade. A parlamentaria socialista Silvia Longueira enumera problemas tales como “humidades, mantemento que nunca se efectuou nas dependencias” e que se …
O PSdeG reclama á Xunta que “cumpra o seu compromiso” e constrúa a pista cuberta para o IES Concepción Arenal
O vicevoceiro socialista en Ferrol, Julián Reina, e o deputado do PSdeG no Parlamento galego, Aitor Bouza, participaron hoxe nun canutazo realizado á porta do IES Concepción Arenal de Ferrol para denunciar o atraso na execución da pista cuberta que prometera a Consellería de Educación e reclamar solucións inmediatas para o centro. Reina explicou que …
O PSdeG denuncia graves deficiencias no CHUAC e esixe á Xunta garantías de seguridade e intimidade para os pacientes
PSdeG. A deputada socialista Silvia Longueira advertiu hoxe de que a situación do CHUAC “chegou ao límite” e responsabilizou á Xunta da “desorganización e falta absoluta de planificación” tanto nas obras como no funcionamento diario do hospital. Longueira denunciou que en unidades como a planta cuarta se está hospitalizando a doentes en corredores abertos, sen …
O PSdeG denuncia que “non hai a máis mínima regularidade” nas liñas de autobús de Betanzos á Coruña e a Ferrol
O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia que “non hai a máis mínima regularidade nos horarios nas liñas que aparentemente están en vigor” entre Betanzos e as ciudades da Coruña e Ferrol. Silvia Longueira, parlamentaria socialista, incide en que “o habitual é chegar a unha parada e esperar máis de media hora, ou non poder …