Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG-PSOE

Silvia Longueira acude á concentración da ANPA do IES de Curtis contra os recortes na atención á diversidade

A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira acudiu á concentración convocada pola ANPA do IES de Curtis baixo o lema “Por un ensino público sen recortes na atención á diversidade”. A protesta tivo lugar fronte ao propio IES de Curtis, e nela, a parlamentaria socialista estivo acompañada pola agrupación socialista local e outros compañeiros …

O PSdeG reclamará no Parlamento Galego un instituto para Valdoviño

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia que Valdoviño conte cun instituto, para o que presentarán unha emenda aos orzamentos da Xunta para 2026 e unha batería de iniciativas coa que pretenden que o Partido Popular se posicione ante esta cuestión. O alcalde socialista de Valdoviño, Alberto González, explica que a poboación do municipio está …

O PSOE da Laracha lamenta que o PP rexeite as emendas ás taxas das instalacións deportivas e a recollida de lixo

O PSdeG-PSOE da Laracha lamenta que o PP local rexeitase no pleno as emendas socialistas ás ordenanzas fiscais que regulan as taxas das instalacións deportivas e as do servizo de recollida do lixo. As propostas do PSOE, explica a voceira Inés Ramos, buscaban “introducir criterios de igualdade, dixitalización, sustentabilidade e transparencia nas ordenanzas elaboradas polo …

Debate – A Vivenda: dereito ou negocio

O encontro estará moderado por Rafael Arangüena, e supón unha nova ocación para reforzar os vínculos da nosa militancia e para compartir tempo, ideas e reflexións. Este xoves, día 30 de outubro, ás 19:30 horas na Casa do Pobo da Coruña.

O parlamentario socialista Aitor Bouza reclama á Xunta que atenda as reivindicacións das propietarias e propietarios das Fragas do Eume

O parlamentario socialista Aitor Bouza participou hoxe na concentración convocada entre Cabanas e Pontedeume polas propietarias e propietarios das Fragas do Eume para reclamar á Xunta de Galicia que atenda as súas demandas. Bouza explicou que o Grupo Socialista vén trasladando esta cuestión ao Parlamento de Galicia e que continuará facéndoo ante o que cualificou …

Silvia Longueira denuncia en Ponte Carreira o abandono sanitario do goberno de Rueda

A deputada socialista no Parlamento de Galicia Silvia Longueira participou esta mañá na concentración veciñal diante do Centro de Saúde de Ponte Carreira (Frades) para denunciar o abandono continuado da atención primaria por parte da Xunta de Galicia e esixir unha solución inmediata á falta de médico no centro. A parlamentaria acompañou aos veciños e …

O PSdeG-PSOE de Malpica critica o retraso na apertura do Centro de Día de Buño

O PSdeG-PSOE de Malpica denuncia que o Centro de Día situado na Casa do Oleiro en Buño segue sen abrir as súas portas a pesar de que as obras finalizaron en febreiro de 2022. O voceiro socialista, Walter Pardo, lembrou que no mes de novembro de 2022 o alcalde, Eduardo Parga, anunciou na prensa que …

O PSdeG denuncia a ausencia de investimentos anunciados en Ferrol nos orzamentos da Xunta para 2026

O PSdeG asegura que os anuncios feitos esta semana pola Xunta de Galicia sobre investimentos na comarca e na cidade de Ferrol “non aparecen” no proxecto de Orzamentos para 2026. Segundo declara o parlamentario socialista Aitor Bouza, “vemos como, dende a Xunta de Galicia, se di que os orzamentos para o 2026 contemplan partidas que …

O Grupo Socialista de Rianxo leva ao Pleno iniciativas clave para avanzar en benestar, xustiza veciñal e deporte municipal

Rianxo. O Grupo Municipal Socialista de Rianxo reafirma o seu papel como oposición útil e propositiva coa presentación de varias iniciativas no vindeiro Pleno, orientadas a mellorar o benestar da veciñanza, impulsar o desenvolvemento urbanístico e garantir instalacións deportivas seguras e de calidade. O PSOE de Rianxo reclama actuacións urxentes no campo de fútbol de …

O PSOE da Laracha presentará emendas á ordenanza das taxas deportivas

O martes 28 de outubro celebrarase un pleno extraordinario no Concello da Laracha no que o Grupo Municipal Socialista da Laracha anunciou que presentará emendas á ordenanza fiscal 3.5, relativa á taxa pola xestión de reservas nas instalacións deportivas municipais. O obxectivo, segundo explica a voceira socialista, Inés Ramos, “é mellorar a ordenanza e avanzar …

Besteiro ve nos “investimentos minguantes” do CHUAC o exemplo duns orzamentos galegos “absolutamente insuficientes” en toda a provincia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou hoxe os “investimentos minguantes” para as obras do novo Hospital Universitario da Coruña como exemplo do que representa para toda a provincia o proxecto de Orzamentos da Xunta. O tamén portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia advertiu que os traballos no complexo hospitalario …

Besteiro, sobre o traspaso da AP-9: “Que Rueda diga publicamente que, se asume a titularidade da autoestrada, temos garantida a gratuidade”

“Que Rueda diga publicamente que, se asume a titularidade da AP-9, temos garantida a gratuidade”. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro reclamou así hoxe o compromiso do presidente da Xunta para que os usuarios e usuarias da Autoestrada do Atlántico gocen dunha vía libre de peaxes cando esta se transfira á comunidade …

O PSdeG reclámalle á Xunta que cofinancie a construción dun pavillón deportivo en Oroso

O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para reclamarlle á Xunta que cofinancie a construción dun novo pavillón deportivo en Oroso, incluíndoo nos seus orzamentos para o ano 2026. “Dende o PSOE de Oroso tiñamos todo encamiñado, proxecto, ubicación e fondos dispoñibles para facer realidade o novo pavillón polideportivo”, explica o …

O PSOE da Laracha solicita a convocatoria urxente da Xunta Local de seguridade ante a falta de efectivos da Policía Local

A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos, presentou a través da sede electrónica do Concello unha solicitude formal para a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade, debido ao que califica de “preocupante falla de efectivos da Policía Local no municipio”. “Desde o grupo socialista observamos problemas crecientes na atención cidadá, no …

O PSdeG de Ordes solicita a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade trala crecente preocupación veciñal

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ordes solicitou a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade, tras a preocupación expresada por parte da veciñanza ante varios incidentes rexistrados nas últimas semanas no municipio. Segundo explicou o grupo socialista, o obxectivo da convocatoria é “activar unha resposta institucional firme, coordinada e inmediata”. O PSdeG de Ordes …