Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG-PSOE

O PSOE de Malpica denuncia que o alcalde “cobra os desprazamentos para visitar obras ou asistir a reunións dentro do propio concello”

Os socialistas de Malpica denuncian públicamente que o alcalde do PP, Eduardo Parga, “cobra dietas por desprazamentos que realiza dentro do propio concello”. “Segundo a información á que tivemos acceso, o rexedor vén percibindo compensacións económicas en concepto de desprazamento por asistir a reunións veciñais, obras ou actos institucionais dentro dos límites do concello, algo …

Os socialistas da Laracha esixen explicacións “sobre a empresa externa contratada polo concello para a nova RPT, da que non sabemos nada”

Os socialistas da Laracha piden ao concello que explique en que situación está a nova Relación de Postos de Traballo (RPT) pendente desde hai anos. “No ano 2022, o equipo de goberno decidiu adxudicar a elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT) a unha empresa privada externa ao Concello. A pesar do tempo transcorrido …

Os “Diálogos con Raíz” levan á Coruña ós maiores expertos nos retos da Intelixencia Artificial

Besteiro destacou a relevancia de celebrar a xornada nunha cidade que se vai converter “nunha referencia” coa chegada da AESIA e avanzou que o Grupo Socialista emendará a lei sobre IA que impulsa a Xunta pola súa falta de ambición Un elenco de recoñecidos expertos tanto do ámbito científico como da análise do impacto social …

O PSdeG participa xunto a Down Galicia nunha xuntanza co Secretario de Estado de Educación para trasladar as súas propostas en materia de educación inclusiva

-Aitor Bouza sinalou que “o que provoca a inclusión plena e efectiva nos centros ordinarios é que os resultados sexan óptimos para a propia educación, tanto das persoas que conforman o colectivo de Down, como tamén para todos os rapaces e rapazas” O PSdeG participou en Madrid nunha reunión co Secretario de Estado de Educación, …

O PSOE da Laracha reclama que o concello presente o antes posible os seus orzamentos para 2025

-“Parece ser a tónica habitual aprobalos tarde, mal e a rastro, como pasou o ano pasado”, critica a voceira socialista local Inés Ramos López O PSdeG-PSOE da Laracha solicita ao goberno municipal que presente o antes posible o seu proxecto de orzamentos para o vindeiro ano 2025. “A día de hoxe seguimos sen orzamentos para …

O PSOE de Ordes denuncia a “teima absurda” do alcalde en recorrer as bases do Plan Único “que duplica o investimento da Deputación no municipio”

-“O problema que ten Ordes é a mala xestión do alcalde e non as aportacións da Deputación”, sostén Concepción Berdomás A Agrupación Socialista de Ordes considera “incomprensible e inxustificable” que o concello “sexa o único da provincia que recurriu en varias ocasións ante a Xustiza un Plan Único da Deputación que duplicou o investimento que …

O PSdeG da Laracha denuncia os problemas de seguridade derivados da ausencia de Policía Local no concello

-A voceira socialista local Inés Ramos López lamenta que “xa que a semana pasada entraron a roubar no Concello, e ao día seguinte no IES Agra de Leborís” O PSdeG-PSOE da Laracha segue a denunciar a situación da Policía Local no municipio, que conta agora mesmo con 0 axentes en activo mentres a negociación entre …

Silvia Longueira, sobre a renuncia da Xunta a 22 millóns de euros para as escolas infantís: “O PP non quere cartos para crear prazas públicas porque só lle interesa o sector privado”

–A deputada socialista denunciou ante a escola As Mariñas, na Coruña, que mentres deceas de familias quedaron sen praza para os seus fillos e fillas nese centro de titularidade autonómica, o Goberno de Rueda devolvía fondos europeos do Plan de Recuperación porque só os podía empregar para incrementar a oferta nas escolas públicas -“Cando o …

O PSOE de Oleiros rexistrou alegacións ao Regulamento de Subministración Domiciliaria de Auga do concello de Oleiros

–O Grupo Socialista presentou alegacións á Modificación do regulamento de subministración domiciliaria de auga do Concello de Oleiros esixindo que non se modifiquen os cadros de sancións a aplicar aos veciños en caso de que teñan unha fuga fortuita de auga nas instalacións particulares das súas casas mentres a rede Municipal non cumpra ca normativa …

O PSOE de Coristanco denuncia a negativa do alcalde a debater propostas da oposición no pleno municipal

O voceiro socialista local de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, criticou a actitude do alcalde do municipio, sinalando que este rexeita sistematicamente permitir o debate e a votación das propostas presentadas polo grupo socialista nos plenos municipais. Segundo Abelenda, esta situación vén producíndose durante toda a lexislatura.”Desde o PSOE presentamos mocións que van encamiñadas a …