Tag: Política Municipal
José Manuel Pérez Abelenda, voceiro do PSOE de Coristanco: “Os orzamentos non responden ás necesidades reais do municipio”
O PSdeG-PSOE de Coristanco realizou unha valoración negativa dos orzamentos municipais aprobados onte no pleno, considerando que “non responden ás necesidades reais do municipio nin establecen unha planificación sólida para o futuro”. Así foi como o expresou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, en relación á abstención do Grupo Municipal Socialista na votación …
O PSdeG de Coristanco esixe que o alcalde explique as discrepancias nas cifras do orzamento municipal de 2026
O PsdeG-PSOE de Coristanco denuncia discrepancias nas cifras do orzamento municipal de 2026. “Queremos manifestar publicamente a nosa profunda preocupación ante a falta de rigor demostrada polo alcalde en relación co orzamento”, sinala o voceiro socialista José Manuel Pérez Abelenda. Na Comisión Informativa e posteriormente ante os medios de comunicación, o alcalde afirmou que o …
O PSOE de Cabanas reúnese co delegado do Goberno para propoñer melloras na humanización da N-651 no municipio
O Grupo Municipal Socialista de Cabanas mantivo unha reunión de traballo co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, para abordar o avance do proxecto de humanización da N-651 ao seu paso polo municipio. Durante o encontro, o PSdeG-PSOE local trasladou ao delegado “a necesidade de que a actuación non se limite á proposta …
O PSOE de Irixoa celebra a luz verde da Deputación á ampliación da estrada entre Adragonte e Vilamateo unha actuación “reiteradamente demandada” polos socialistas
O PSOE de Irixoa celebrou a publicación no Boletín Oficial da Provincia da aprobación definitiva do proxecto de ampliación e mellora da estrada da Deputación da Coruña DP-3903, entre Adragonte e Vilamateo por Ambroa, unha actuación que os socialistas levan anos reclamando pola súa importancia para a seguridade viaria no municipio. Dende a agrupación local …
O PSdeG de Cabanas reclama un pleno extraordinario sobre o cobro no aparcadoiro da Praia da Madalena
O PsdeG-PSOE de Cabanas solicita por rexistro xeral a convocatoria dun pleno extraordinario, no prazo máximo legal de 15 días hábiles, para tratar a cuestión do cobro do prezo público no aparcadoiro da Praia da Madalena. Dende o Grupo Municipal Socialista inclúen na solicitude unha proposta de orde do día que comezaría cunha comparecencia da …
O PSOE de Cambre denuncia a “xestión opaca” do concello na tramitación do POS
O Grupo Municipal Socialista de Cambre votou a favor da aprobación do POS+2026, cun importe total de 1.177.969,38 euros, nun pleno extraordinario “marcado pola falta de diálogo do goberno do PP e pola xestión opaca da información durante a tramitación do expediente”. “Desde o primeiro momento, o PSOE manifestou o seu rexeitamento á inclusión do …
O PSOE de Coristanco pregunta no Pleno pola instalación dunha antena de telefonía na finca dun membro da candidatura do PP
O voceiro socialista en Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, critica a instalación dunha antena de telefonía nunha finca pertencente a un membro da candidatura do PP na localidade. O socialista denuncia que a obra “avanzou sen información pública suficiente e sen diálogo previo coa cidadanía, provocou un malestar crecente que levou a numerosos veciños e …
O PSOE da Laracha denuncia que o concello “agocha a información sobre o amianto” que podería haber nas tuberías do municipio
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “opacidade” do Concello respecto da posible presenza de amianto nas tiberías de fibrocemento das redes de abastecemento e saneamento da localidade, algo que provocou “un tirón de orellas da valedora do pobo”. A voceira socialista local Inés Ramos López realiza unha valoración negativa do exposto polo grupo de goberno …
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “caos e inseguridade” na contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo por mor das obras
O Grupo Socialista da Laracha, a través da súa voceira Inés Ramos, denunciou hoxe o estado “lamentable e perigoso” no que se atopa a contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo. A situación acadou hoxe, venres 30 de xaneiro, un punto crítico coincidindo coas precipitacións, que converteron as zonas en obras lindeiras ao colexio nun auténtico …
O PSdeG esixe ao concello de Coristanco transparencia e respecto ao dereito de acceso á información pública
O voceiro municipal José Manuel Pérez Abelenda presentou unha queixa formal ante a Valedora do Pobo por suposta vulneración do seu dereito de acceso á información pública por parte do Concello de Coristanco, ao non recibir resposta á documentación solicitada no prazo legalmente establecido. O escrito remitido á institución autonómica relata os feitos, ocurridos dende …
O PSdeG-PSOE leva ao pleno de Cabanas a situación dos parques infantís
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE levou ao pleno celebrado estes días no Concello de Cabanas unha iniciativa centrada na seguridade dos espazos públicos a través dunha moción sobre o mal estado dos parques infantís municipais. O grupo socialista presentou unha moción na que expón o deterioro xeralizado das áreas de xogo do municipio e a …
O PSOE de Cabanas inicia unha nova etapa co obxectivo de recuperar un goberno progresista no muncipio
O PSOE de Cabanas abre unha nova etapa política coa incorporación ao grupo municipal, no pleno celebrado hoxe mércores, de Beatriz Carbón e Fran Romero Bustabad, que se suman á actual concelleira socialista Conchi Rodríguez Ferreiro. Os novos edís socialistas substitúen a Carlos Ladra e Delfín Feal, tras a renuncia doutros candidatos e candidatas da …
O PSdeG-PSOE de Malpica esixe á Xunta que restableza o servizo médico no centro de Buño
O Centro Médico de Buño vese afectado por unha redución do servizo de medicina de familia, segundo se recolle en diversas queixas de usuarios e usarias. Actualmente, a atención préstase únicamente de 9:00 a 11:00 horas, en contraste co horario habitual que ía de 8:00 a 14:00 horas. Ademais, non se están asignando citas con …
O PSOE provincial da Coruña reunirá este xoves ao Consello de Alcaldes e Alcaldesas para analizar o “afogo económico dos concellos”
O secretario provincial do PSdeG-PSOE da provincia da Coruña, Bernardo Fernández, vén de convocar para o xoves 29 de xaneiro o Consello Provincial de Alcaldes e Alcaldesas, órgano que reúne aos rexedores e rexedoras socialistas da provincia, co obxectivo de analizar o impacto económico que está a ter nos concellos o actual modelo de financiamento …
Os alcaldes socialistas de Ferrolterra felicitan ao Goberno e ás Forzas de Seguridade polas últimas operacións antidroga e piden continuidade na loita contra o narcotráfico e branqueo de capitais
Os alcaldes e responsables municipais socialistas da comarca de Ferrolterra queren trasladar publicamente a súa felicitación ao Goberno de España e ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado polas importantes actuacións e redadas antidroga desenvolvidas nos últimos días en Ferrol e Narón, que supuxeron un duro golpe contra o narcotráfico na comarca. Os representantes …