Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Parlamento de Galicia

O PSdeG esixe ao Goberno galego que execute as melloras nos centros educativos ferroláns e o pavillón do IES Ferrol Vello: “Unha promesa máis incumprida”

Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, esíxelle á Xunta que execute as melloras e ampliacións que prometeu e en 7 centros de FP e institutos de Ferrol, así como no o pavillón deportivo do IES Ferrol Vello, por valor de 7 millóns de euros. Fíxoo no marco dun debate parlamentario respecto desta cuestión. O …

O PSdeG reclama no Parlamento galego que a Xunta actúe nos regos das poboacións de Padrón con maior risco de inundación

O Grupo Parlamentario Socialista reclama no Parlamento de Galicia que a Xunta de Galicia actúe nos regos dos Pasais e de Cambelas, en Padrón, e que tamén actúe sobre o cauce do río Sar ao seu paso precisamente por estas poboacións. O alcalde socialista Anxo Arca explica que as inundacións nestes regos son as que …

O PSdeG denuncia que o PP “incumpriu todos os compromisos” da fusión de Oza e Cesuras trece anos despois

A deputada socialista Silvia Longueira denunciou hoxe no Parlamento que o Partido Popular “incumpriu todos e cada un dos puntos” recollidos no documento base da fusión dos concellos de Oza e Cesuras, promovida no ano 2013 polo Goberno de Feijóo. Longueira lembrou que aquel acordo prometía un “futuro venturoso” para o novo municipio, coa chegada …

O PSdeG de Zas continuará reclamando solucións para a situación dos centros educativos e do centro de saúde do municipio

O PSdeG de Zas reafirma o seu compromiso de continuar impulsando iniciativas institucionais e realizando seguimento político ata que existan solucións ás deficiencias detectadas nos centros educativos do municipio e á situación sanitaria local. Así o trasladou Sheila Rial tras asistir o pasado mércores ao Parlamento de Galicia para escoitar a resposta do conselleiro de …

O PSdeG esixe a Rueda que rectifique para evitar a chamada de atención da Unión Europea sobre as Fragas do Eume

O PSdeG-PSOE amosa o seu apoio á solicitude presentada ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo polos propietarios e propietarias das Fragas do Eume. “Dende o Partido Socialista queremos sumarnos a esa reivindicación que fan os propietarios e propietarias, como levamos facendo durante meses e durante anos”, sinala o deputado socialista no Parlamento galego …

O PSdeG reclamará no Parlamento galego melloras urxentes para os centros educativos de Zas

Tamén acudiron ao CEIP Labarta Pose, sinalando a presenza de humidades, goteiras e tuberías oxidadas O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento galego melloras urxentes para os centros educativos de Zas, concretamente o CPI de Zas e o CEIP Labarta Pose. Por unha banda, dende o Partido Socialista denuncian o “perigo para a saúde e a seguridade …

Bernardo Fernández denuncia en Ferrol a situacion “inadmisible e vergoñenta” do transporte público na comarca

Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, e Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, acudiron hoxe á concentración da Plataforma pola Defensa do Transporte Público Digno en Ferrol e Comarca diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia nesta cidade. Fernández, tamén alcalde de Pontedeume, reclamou que se “adopten medidas de …

O PSdeG reclama no Parlamento que a Xunta solucione os problemas de seguridade do IES Fernando Blanco de Cee

O PSdeG-PSOE rexistra unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia que a Consellería de Educación da Xunta solucione os “graves problemas” do IES Fernando Blanco de Cee, “estruturais, eléctricas, térmicas e de seguridade”. Con isto, en palabras da deputada Patricia Iglesias, o Grupo Parlamentario Socialista busca ser “a voz tanto da dirección do centro …

O PSdeG esixirá no Parlamento analíticas da auga tras a rotura da balsa da mina de Monte Neme

O PSdeG esixirá no Parlamento de Galicia que Augas de Galicia realice analíticas da auga na contorna afectada pola rotura da balsa da mina de Monte Neme, co obxectivo de comprobar se existe contaminación. A demanda baséase en que nesta zona se extraeu volframio no pasado e en que a auga afectada desemboca no mar, …

O Grupo Parlamentario Socialista lamenta que a Xunta confirmara hoxe que non vai haber Centro de Día para maiores no Sanatorio de Paraxón (Oza-Cesuras)

PSdeG.- A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, acusou hoxe ao PP e ao goberno galego de levar 13 anos enganando aos veciños e veciñas de Oza – Cesuras porque non van construír un centro de día para maiores no antigo sanatorio do Paraxón. Así o dixo logo de que o xerente …

O PSdeG denuncia no Parlamento a “situación dramática lamentable” das vivendas do IVS nas Telleiras de Narón tras trece anos de abandono

O deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, denunciou este martes na Cámara a “situación dramática” que viven as familias das vivendas de promoción pública do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na rúa Telleiras de Narón, onde levan trece anos convivindo con humidades, filtracións e mofo sen que a Xunta de …

O PSdeG esixe unha reforma integral do colexio Labarta Pose de Zas

O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia levará ao Parlamento galego a situación dos Centros Escolares de Zas, no concello de Zas, do CEIP Labarta Pose, e do CPI de Zas ante as “deficiencias estruturais e de mantemento” que, segundo indican, afectan á seguridade, ao benestar e á calidade educativa do alumnado e do persoal docente. …

O PSdeG esixe á Xunta corrixir as deficiencias nas liñas de transporte público de Betanzos

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia as deficiencias nas liñas de autobús de Betanzos, reclamando que se investiguen as causas das incidencias rexistradas e que se repoñan as frecuencias eliminadas. “As veciñas e veciños de Betanzos seguen a padecer as deficiencias, un día tras outro, do transporte público”, afirma a parlamentaria socialista Silvia Longueira. …

O PSdeG denuncia do “colapso absoluto” das urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

O PSdeG denuncia no Parlamento de Galicia “o colapso absoluto das urxencias do hospital Arquitecto Marcide en Ferrol, o hospital de referencia para toda a comarca”. O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que “este colapso tamén se provoca por causa dun colapso previo de atención primaria”, logo de que se desen a coñecer “noticias absolutamente …

O PSdeG denuncia o “estado lamentable” no que se atopa o CPI de Zas

O PSdeG-PSOE denuncia no Parlamento de Galicia o “estado lamentable” do CPI de Zas e rexistra unha iniciativa parlamentaria para esixir solucións a esta problemática por parte da Xunta de Galicia. A parlamentaria socialista Patricia Iglesias mantivo unha serie de reunións coa voceira socialista en Zas, Sheila Rial, na que a zaseira trasladoulle á deputada …