Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Silvia Longueira acude á concentración da ANPA do IES de Curtis contra os recortes na atención á diversidade

  • A deputada socialista no Parlamento de Galicia denunciou o que considera unha constante na provincia, citando os casos do IES de Carral ou o Valle Inclán de Oleiros

A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira acudiu á concentración convocada pola ANPA do IES de Curtis baixo o lema “Por un ensino público sen recortes na atención á diversidade”.

A protesta tivo lugar fronte ao propio IES de Curtis, e nela, a parlamentaria socialista estivo acompañada pola agrupación socialista local e outros compañeiros e compañeiras do PSdeG-PSOE.

Longueira lamentou na concentración que “mes e medio despois do inicio de curso a Xunta segue sen cubrir prazas de persoal técnico tanto en colexios como nos IES”.

“Un rapaz leva 42 días sen estar escolarizado pola falta de persoal técnico, unha constante como xa vemos observando en diferentes denuncias no Valle Inclán de Oleiros ou o IES de Carral”, lembra a socialista. “Esixirémoslle á Xunta no Parlamento galego que poña fin a esta situación inaceptable e totalmente incompatible cun ensino público inclusivo e de calidade”, concluíu Longueira.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes