PSdeG reclamará no Parlamento de Galicia que se rehabilite o aparcadoiro do Auditorio de Ferrol
- Aitor Bouza demándalle á Xunta “que lle mande de maneira urxente ao Concello de Ferrol que amañe este aparcadoiro”, xa que “tanto lle gusta a Xunta de Galicia reclamarlle a outras administracións cando goberna o Partido Socialista”
O Grupo Parlamentario Socialista reclamará que se realice unha rehabilitación integral do aparcadoiro do Auditorio de Ferrol, en liña do demandado pola ANPA do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol nunha concentración que contou coa participación de diferentes representantes socialistas.
Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, sinalou que o aparcadoiro “non é nin accesible nin tampouco útil para todos os usuarios e usuarias. “Dende o Partido Socialista apoiamos como sempre á comunidade educativa, as súas reivindicacións”, engadiu.
O socialista apuntou que, xa que “tanto lle gusta a Xunta de Galicia reclamarlle a outras administracións cando goberna o Partido Socialista”, demandaranlle á Xunta “que lle mande de maneira urxente ao Concello de Ferrol que amañe este aparcadoiro que dá acceso a un edificio da Xunta de Galicia, como é o Conservatorio profesional”.
“Que se poñan mans á obra para traballar conxuntamente se fai falla, ou como considere pertinente a Xunta de Galicia, pero que amañen e que atendan ás reclamacións urxentes e perentorias que pon de manifesto esta comunidade educativa aquí en Ferrol”, concluíu o socialista.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS