Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Patricia Iglesias critica que os orzamentos da Xunta para a comarca da Barbanza son “enteiramente decepcionantes, raquiticos e regresivos”

  • A deputada socialista sinalou que a comarca de Barbanza “acumula investimentos reiterados en papel que nunca chegan a executarse”

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey lamentou que os orzamentos da Xunta para 2026 “son enteiramente decepcionantes, raquíticos e regresivos” para a comarca do Barbanza.

A parlamentaria sinalou que “falaba onte o señor Corgos, conselleiro de Facenda e Administración Pública, de que son uns orzamentos que se incrementan un 2%, pero nin sequera esa subida chega a compensar o aumento do custo da vida”. Engadiu que “a cesta da compra, a vivenda e os prezos en xeral medran por riba dese 2%, e cos datos do IPC situados arredor do 2,9%, o resultado é claro, son uns orzamentos claramente insuficientes para Galicia e tamén para o Barbanza”.

Iglesias denunciou que, no caso do Barbanza, “vemos que hai infraestruturas que se pintan no papel, nos orzamentos, pero que se veñen reiterando todos os anos desde hai 17 anos que leva o PP no goberno”. Entre elas, mencionou o saneamento e depuración da ría de Muros e Noia e o abastecemento do sistema da marxe dereita da ría de Arousa, na Barbanza, proxectos que “se repiten todos os anos, pero non se executan”, polo que cualificou ao executivo galego de “malos xestores á hora de executar un orzamento”.

A deputada tamén se referiu “ao anuncio que fixo esta fin de semana a conselleira Fabiola García sobre o desbloqueo da residencia de maiores en Ribeira”, lembrando que “é un proxecto que co anterior goberno estaba enteiramente bloqueado por parte da Xunta, malia existir unha cesión de terreos por parte do Concello”. Iglesias subliñou que “curiosamente, despois da moción de censura, parece que se desbloquea ese proxecto”, o que, “amosa unha utilización absolutamente partidista dos recursos públicos da Xunta de Galicia, que eu sempre digo que non lles pertencen; o PP son só os inquilinos da Xunta”.

En conxunto, Iglesias advertiu de que os novos orzamentos “non dan resposta ás necesidades reais da cidadanía”, e que “mentres aumentan os problemas no acceso á vivenda, na dependencia ou na atención sanitaria, a Xunta segue presumindo de cifras e anuncios baleiros”.

A socialista lembrou ademais que a Xunta destinará en 2026 1.858 millóns de euros ao pago da súa débeda, “un máximo histórico que podería reducirse nun terzo, uns 620 millóns, se o presidente Rueda aceptase a condonación proposta polo Goberno de España, algo que rexeita por motivos puramente electoralistas”. Finalmente, advertiu de que, cun incremento dos orzamentos do 2,1 % fronte a un IPC dun 2.9 %, “a realidade é que os orzamentos non medran, senón que retroceden, e iso significa menos capacidade para mellorar os servizos públicos e atender ás necesidades da comarca do Barbanza”.


Patricia Igelsias – orzamentos Barbanza – out25
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes