Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Os socialistas de Teo renovan a súa Executiva Local, liderada por Mayte Argibay

A Agrupación Socialista de Teo renovou a súa executiva, na que Mayte Argibay será a secretaria xeral local. A proposta debe ser ratificada pola dirección provincial.

Nissar Maarawi será o novo secretario de Organización; Montserrat Regueiro ocuparase da área de Organización Municipal; Enrique Durán, Acción Electoral, e Antonio Carreira será o responsable de Acción Rural.

Alicia Guillín levará Formación e Educación; Balbi González, Igualdade; Pablo García, Administración; e Pablo Salgueiro, Xuventude e Redes Sociais. “Unha lista paritaria na que está representado todo o Concello de Teo, coa ilusión de traballar cun proxecto renovado para gañarnos a confianza dos nosos vecinos e veciñas”, asegura Mayte Argibay.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes