Os socialistas das Mariñas lamentan que os orzamentos da Xunta “deixan fóra de xogo á gran maioría da poboación da comarca”
Os socialistas das Mariñas coruñesas lamentan que os orzamentos anunciados pola Xunta de Galicia para 2025 “deixan fóra de xogo á gran maioría da poboación da comarca”.
Así o expresou a deputada socialista responsable da comarca no Parlamento de Galicia, Silvia Longueira, que sinalou que “concellos como Betanzos, Abegondo, Aranga, Irixoa, Paderne ou Monfero non teñen nin un só investimento”.
“Non teñen investimentos nin en saneamento nin tan sequera de posibles centros de día, moi demandados na bisbarra ao tratarse dunha zona cun notable envellecemento da poboación”, engade.
Longueira destacou que, como “xa foi denunciado noutras ocasións, moitos deles son concellos que nin sequera foron recibidos en ningún momento por responsables da Xunta de Galicia”.
“O ano 2025 vai ser un ano perdido para esta zona no que se refire aos orzamentos da Xunta de Galicia, non existen para estes orzamentes”, concluíu a deputada socialista.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS