Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Obdulia Taboadela: “Os 193 millóns de investimentos do Goberno de España colocan a Navantia en Ferrolterra como referencia a nivel mundial”

-A deputada socialista pola provincia da Coruña visitou as instalacións da empresa en Ferrol e Fene como parte dunha visita da Comisión de Industria do Congreso

-Destacou a importancia do novo plan industrial de Defensa e Seguridade, que conta co apoio do Comité de Empresa “fronte ás voces que o rexeitan, como o BNG, ou as que non se mollan, como o PP”


A Comisión de Industria do Congreso dos Deputados visita as instalacións de Navantia en Fene e Ferrol e reúnese coa dirección e co comité de empresa.

A deputada socialista no Congreso pola provincia da Coruña, Obdulia Taboadela, destacou “a enorme importancia da empresa e o seu impacto positivo na economía da provincia, con máis de 6.000 empregos na comarca”.

“A actividade económica de Navantia supón o 22% do emprego industrial e o 2% do PIB a nivel da provincia, sendo o sustento de milleiros de familias”, engade a socialista.

Taboadela estivo acompañada na visita ás fábricas ferrolás pola voceira da comisión, a socialista navarra Adriana Maldonado, e mais por Patricia Otero, deputada socialista por Lugo.

“É imprescindible poñer en valor os enormes investimentos e o apoio que o Goberno liderado por Pedro Sánchez fixo nesta empresa e por extensión nesta bisbarra”, afirmou Taboadela.

“Os 193 millóns de investimentos do Goberno de España colocan a Navantia en Ferrolterra como referencia a nivel mundial”, apunta a socialista. “Estas achegas serviron para a creación dunha nova fábrica de bloques e do Centro de Excelencia del Gemelo Digital”, engade.

Pola súa banda, Patricia Otero indicou que “cabe mencionar tamén os novos proxectos xa aprobados como os das fragatas 110, o novo barco de aprovisionamento ou o proxecto dun novo portaavións”

Para Otero, Navantia “é unha empresa punteira a nivel tecnolóxico e xerou todo un ecosistema industrial na comarca e en todo o país, coa participación de máis de 500 empresas nacionais”.

“Ademais, o novo plan industrial de Defensa e Seguridade de 10.471 millóns de euros, que se aproba hoxe no Consello de Ministros e que suporá unha inmensa oportunidade tanto a nivel de investimentos como de carga de traballo”, subliña Taboadela.

“Este plan conta co apoio decidido do Comité de Empresa de Navantia fronte ás voces que o rexeitan, como o BNG, ou as que non se mollan, como o PP”, explica.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes