Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Sada traballa xa no proxecto dunha plataforma de baño que logrou no acordo dos Orzamentos 2024

A voceira socialista, Almudena Pena, indica que esta instalación permitirá o baño en marea baixa, ata agora imposible na praia de Sada


A voceira socialista en Sada, Almudena Pena, celebra o inicio dos trámites para construir unha plataforma de baño na praia de Sada. Este proxecto foi un dos requisitos do PSdeG-PSOE local para aprobar os orzamentos de 2024 no Concello de Sada.

“Esta plataforma permitirá o baño na praia cando haxa tanto marea alta como marea baixa. Solucionarase así un dos problemas principais da praia de Sada, onde non é posible o baño en marea baixa”, indica a voceira socialista en Sada.  

Dende a agrupación local indican que xa están traballando co Goberno local nos trámites necesarios para impulsar a iniciativa. “Xa mantivemos varias reunións para perfilar este proxecto, que garantirá o respecto ao medio ambiente e terá un mínimo impacto visual”, indica Pena.  

En total, o proxecto conta cunha partida de 30.000 euros no orzamento do Concello de Sada, que contou coa abstención do grupo socialista para faciltiar a súa aprobación. “A prioridade dos socialistas é Sada, por iso esiximos este tipo de proxectos, que repercutirán positivamente na vila, a cambio do noso apoio”, engade a socialista.   O proxecto, que aínda se está a perfilar, inspírase noutras solucións en países de Europa ou na plataforma de baño que se proxecta no Parrote (A Coruña).

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes