O PSOE de Oleiros denuncia a manipulación do alcalde dunha pregunta presentada no Pleno para non falar da neglixencia no Multiúsos
Consideran que é unha cortina de fume para que non se fale dos graves problemas que agora califican como “imprevistos que van aumentar moito o custe da obra” do Multiusos de Bastiagueiro cando eles xa os coñecían dende hai anos porque hai un estudio xeotrécnico que así os detalla
O Grupo Municipal Socialista ante a manipulación interesada que está a facer Alternativa dos Veciños e o propio Concello en redes sociais envía nesta nota o texto íntegro da pregunta que formulou onte a súa Portavoz:
“Como seguro que vostede xa sabe Sr. García eu son ourensana. Sí, desa provincia tan ligada ao PP de Baltar e por iso coñezo tan ben o tema das festas para maiores. Baltar era famoso entre outras cousas por organizar xuntanzas de maiores onde tamén daba de comer e facía bailar as persoas maiores e onde incluso el mesmo chegaba a tocar o trombón de varas. Xuntanzas moi cuestionadas e criticadas por ser pouco democráticas xa que a todas luces eran un intento de mercar vontades a través do estómago. Pois ben díganos Sr. García: Onde está a diferencia entre as merendiñas que facía o Sr Baltar en Ourense e as que fai vostede aquí en Oleiros? Cantos cartos do orzamento público de Servizos sociais se inverten niso? Como xustifica ese gasto? Non creen vostedes que estarían moito mellor gastados eses cartos cubrindo necesidades de atención e coidados de persoas maiores que viven soas e en precario no concello sin ir mais lonxe?”
A manipulación que está a facer Alternativa dos Veciños e o alcalde, diciendo que “se insulta aos veciños”, empregando incluso redes municipais non responde ao que se preguntou. A crítica vai dirixida aos políticos que deciden, no aos cidadáns.
A pesar de todas as trabas que nos poñen para acceder a información, repasando os contratos menores do ano 2023, coñecemos que polo menos o importe ascende a máis de de 26.000 € anuais, é decir, 104.000€ en catro anos de lexislatura. Se facemos contas, esa cantidade, dividida entre os 12€ que paga a Xunta por cada hora de SAF nos da para casi 9.000 horas, ou sexa, que entre 365 días chegarían para atender durante 1 ano a 25 maiores ou personas desprotexidas máis en Oleiros….pero o alcalde prefire pagarlle a merendiña á xente que se quere pode reunirse pero pagando a súa comida. A pesar de que eludiu contestar so se diferencia de Baltar no instrumento, xa que Baltar toca o trombón de varas e García Seoane según dixo onte él mesmo “toca a gaita e os pandeiros”.
Consideramos que é unha cortina de fume para que non se fale do escándalo que supón que agora nos digan que é un “imprevisto e unha sorpresa” e que vai aumentar moito o custe do Multiusos de Bastiagueiro a aparición de auga. O alcalde coñecía eses problemas hai moito porque ten un estudo xeotécnico do ano 2005 que fala da necesidade de pilotar para cimentar a obra ante a baixa consistencia do terreo e presenza de auga. Estaría ben que xa que reúne aos maiores lles explique a eles, bos coñecedores de Oleiros, como é posible que tanto o Alcalde como o concelleiro de obras non souberan que se pasa un río hai auga. E estaría ben tamén que lles diga que se os seus fillos, netos, ou eles mesmos casan, de cada 120€ que terían que pagar pola taxa da boda, 100€ van para o peto do concelleiro que a celebra.”
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS